Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O xadrez como cohesión social e deportiva

O xadrez soe describirse como un xogo de estratexia perfecto para as persoas que desfrutan pensar nos seus momentos de recreación. Porén, convertese nunha terapia eficaz para persoas con dificultades na súa relación co outro. É o caso das persoas que teñen a síndrome de Asperger.

As investigacións concernentes as aplicacións do "xadrez" en persoas con síndrome de Asperger, están a dar moi bos resultados no que supón un mellor desenvolvemento do talento a través deste xogo. Os autores Karel e Merijn, publicaron en 2008 o libro: "desenvolvendo o talento xadrecistico", no cal móstrannos como o xadrez potencia as capacidades sociais e cognitivas, a concentración, a atención, a memoria de traballo e a flexibilidade. O xadrez é un xogo, que non precisa do contacto físico o que evita o medo ao achegamento o outro, potenciando a relaxación da persoa. Propón, como a través dunha experiencia solitaria as persoas con determinadas dificultades psicolóxicas poden chegar a unha experiencia colectiva (Pedro Rubio). Outros autores, como Rober Ferguson, opinan que co xadrez: " melloraríase a creatividade e elevaríase a orixinalidade", capacidades que por outra banda, están pouco desenvolvidas na persoa coa síndrome de Asperger.

O xadrez, é polo tanto un deporte moi apto para persoas con TEA de alto nivel intelectual, potenciándolle o achegamento social, emocional e cognitivo.

Bobby Fischer, campión mundial de xadrez os 23 anos, un dos grandes xenios da humanidade é considerado unha persoa Asperger. Empezara a xogar cando tiña 6 anos e a partir dos 9 practicaba e estudaba o xogo de xadrez excluíndo todo o resto. A súa obsesión era tal, que xogaba o xadrez mentres comía, estando no baño e incluso o practicaba nas horas escolares. A proporción de persoas Asperger entre os xogadores de elite no mundo do xadrez, considerase moito mais frecuente. Algo parecido acontece no mundo científico, especialmente na área da lóxica ou as matemáticas.

Como entidades importantes nesta disciplina en España, temos que nomear, entre outras, o Club Rivas de Madrid, a través do seu proxecto: "Asperger en jaque", e o Club Magic de Estremadura. O Colexio Marcote, tivo gran resonancia ca súa colaboración con Gary Kasparov. Porén, a Universidade de Vigo lidera o xadrez galego de base con dous grandísimos campións galegos Miguel Senlle e Samuel Villar en Sub18 e Sub14 en idades celebrados en Pontedeume.

En Galicia o Club Xadrez Galego, dirixido por Roberto Páramos, pon o acento no carácter formativo do xadrez na personalidade dos nenos en idade escolar. Trasladan a importancia desta disciplina pola base matemática, polo estímulo e desenvolvemento de habilidades cognitivas e do sentido ético e o establecemento de transferencias. Páramos é unha referencia do xadrez galego, creador do Lucena "o único club de Vigo de xadrez que funciona como tal".

O xadrez ensínalles os nenos e os rapaces o valor da disciplina, a planificación das cousas, a constancia e o ríspeto cara os demais, facéndolles ver que literalmente non hai rival pequeno porque a atención e o enfoque no xogo son tamén importantes.

No día de hoxe, celebramos en Vigo o I Torneo Fundación Menela de Xadrez ca presentación do Club Menela Xadrez, representado polos directores xerente e deportivo de Fundación Menela José Manuel Varela e Pedro Martinez, o director de Xadrez Galego Roberto Paramos e o socio de BDO Jorge Montoya. O multicampión de España e gran mestre de Xadrez David Lariño, despois de impartir unha palestra coloquio sobre a súa experiencia sobre o xadrez, xogara unha partida virtual cun xogador internacional a través dunha plataforma online. Integrantes do Club Menela Xadrez e membros de Xadrez Galego, participarán na mesma como asesores de David, que a continuación xogará unha partida de competición - exhibición de xadrez rápido contra Xulio del Prado, xoven promesa do xadrez nacional e membro do Club Xadrez Galego.

*Director xeral Fundación Menela

Compartir el artículo

stats