Nos teus ollos faíscas de alegría diante dun mar de esperanza.
Nos teus beizos o sorrir da comprensión e do agarimo.
Na túa boca palabras de afouteza e tolerancia.
Para podermos navegar tranquilos no ronsel da Vida.
Coa mesma xiria e siso cos que sempre traballaches nesta asociación e en toda parte -como un máis dende abaixo ou dende a túa fértil presidencia- montando exposicións, promovendo os máis variados actos culturais e guiando con firme pulo a Mostra de Teatro. Sempre man con man das compañeiras e compañeiros.
Esa ollada profunda, cordial e acougante, permanece nos nosos corazóns e dános novos azos!