Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

A invasión dos moteros

Bueu sufriu un bombardeo acústico a unha da madrugada do domingo pasado, 2 de xuño. Dubido que o superase as batallas da Segunda Guerra Mundial. Durante 10 minutos catro mil moteros, nun comportamento inexplicable, descargaron todos os decibelios que puideron sobre as rúas da vila. Que horror de "marcha nocturna".

Isto é unha novidade porque nas sete edicións anteriores da concentración as motos só emitían os ruídos propios das súas máquinas. Poucos motoristas atendían ás voces dos espectadores que os animaban a acelerar con "dálle, dálle!". Pero esta vez xa non se comportaron así só algúns exaltados senón que toda a caravana participou no escándalo. Semellaba un batallón de bárbaros mecanizados que invadía a vila.

Por desgraza, o petardeo nocturno que sufrimos os veciños non se reduciu só a esa noite. Por exemplo, na madrugada do sábado varios moteros tamén molestaron coas súas máquinas. Pero non se decataban que a unha e tres da madrugada a xente dorme?

Un veciño vingativo deseñou un plan para os anos vindeiros: "Gravar ese fogueteo e logo reproducilo ás cinco da madrugada no campamento dos motoristas cuns altofalantes a todo volume? Así aprenderían". Non, dígolle, mellor que haxa paz.

En fin, a concentración motera dá certa riqueza ao pobo; só debe haber orde. Basta que o alcalde Félix Juncal (BNG) poña condicións para autorizala. Se por isto vai perder votos, tranquilo, que aínda quedan catro anos para as próximas eleccións municipais.

*Veciño de Bueu

Compartir el artículo

stats