Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A xuventude ten moito que dicir

A educación como ferramenta da sociedade do futuro, a cultura, o deporte, os foros de participación. Son tan necesarios para o desenvolvemento das persoas, a autoestima, o espírito crítico, a vida sana.

Os foros participativos, sobre todo aqueles onde a mocidade e a infancia están representados, necesitan da aposta por parte da Administración Local.

Foros atractivos, onde escoitar, escoitar e escoitar as propostas, necesidades e reivindicacións sexa unha constante.

Foros para a xuventude que non sexan soamente consultivos e onde se leven propostas para poñelas en marcha, unha vez consensuadas.

A xuventude ten moito que dicir.

Necesidade de que os Consellos Municipais sexan visibles á cidadanía, os acordos, o traballo que se leva a cabo. As familias da escola pública estamos representadas no Consello Escolar Municipal, nos Consellos Municipais de Accesibilidade, de Interculturalidade, da Muller, da Lingua.

Propoñemos rescatar o programa municipal de "Aprender a convivir", tan necesario nestes intres para previr o acoso, o illamento dalgúns/has rapaces/zas.

Os gobernos locais poden e deben potenciar estes espazos, espazos inclusivos onde todos e todas teñamos cabida. Déronse grandes pasos en accesibilidade, pero queda moito por facer en edificios públicos, nos parques infantís, nas praias, nos espazos de lecer. Urbanismo pensado na infancia, para tod@s, como tod@s.

Carrís bici, súbete ao Castro, punto de información xuvenil, tradicións populares, edificios escolares inclusivos e accesibles, programas educativos, participación das familias.

Isto é o que precisamos as familias, a mocidade e a infancia. Ter en conta a xuventude e as súas propostas, visibilizar os acordos de participación.

*Voceira e responsable da comisión de convivencia de FOANPAS.

Compartir el artículo

stats