En Santa Baia a parcelaria vaia, vaia. Xa empezamos ben. Xa se lle ven as orellas ao lobo do que nos vén enriba.

Nos outros lugares da parroquia os camiños atravesan leiras e prados e ninguén repara, pero neste lugar apousou un rexedor e quedou de gallito no medio e os outros temos que ir ao redor. Unha estrada de pura vergoña e encima sen saída. Cando uns metros abaixo podía ir e tiña saída, agora temos a igrexa prerrománica cunha estrada fronte á aldea; o lugar era outro. Isto é unha ditadura. Mandamos recursos, non houbo resposta. O que metía as narices en todos os sitios para arreglar máis, agora é o que tiña que ceder e non se entregou. Carallo para o tipo! Como din polas meigas, habelos hainos! Fálase das tumbas dos faraóns, que eran intocables. Aquí temos un farón, pero vivo. Al faraón, no tocarle ni un pelo! Os que morreron xa van alá, os outros temos que seguilos aguantando.

*Veciña de Cercio (Lalín)