Neste día tan especial para moitos de nós que aínda seguimos crendo na utopía, dou grazas a tod@s. Son moito de usar a música e poesía, dicía Sabina : Se me matas , fágome o morto eu que mato por vivir, cando non sei que dicir dou berros no deserto.

Durante este oito anos nos que tiven a honra de traballar defendendo os intereses dos bueueses, en xeral, foi excelente e considero que fué unha experiencia moi gratificante como representante do pobo de Bueu. Foron oito anos de intenso traballo c@s compañeir@s do BNG, que se entregaron en corpo e alma ás ideas que seguimos e seguiremos compartindo; a tod@s el@s agradézolles o seu esforzo e anímolles a que non desfallezcan para seguir transmitindo con máis enerxia e firmeza os valores de transparencia, honestidade e responsabilidade que sempre defendemos.

Agradezo o apoio e confianza que @s veciñ@s depositaron en nós e ínstolles a que sigan esixentes, activ@s e vixiantes, pois iso fainos mais fortes como pobo.

Desde a miña nova situación a partir das proximas eleccións seguirei defendendo os intereses de tod@s @s veciños de Bueu así como de todo o Morrazo. @s cidadáns debemos actuar conforme á nosa conciencia, con todo o espiritu crítico, ou mellor autocrítico, e exercendo os nosos dereitos con responsabilidade.

Aínda non estamos onde necesitamos estar, tod@s nós temos moito que facer? dicía Obama.

Grazas a toda esa boa xente que coñecín ao longo destes anos, algun porco disfrazado de pomba mensaxeira, tamén , compañeir@s da corporacion municipal, dos concellos de Cangas, Moaña, Marin, Ribadesella, Diputacion e Xunta, amigos do estructurante, asociacións sociais, deportivas, culturais, medios de comunicación ( perdoar as inocentadas), mil grazas.

Son consciente que dun servidor publico sempre se espera o acerto, tenteino e moitas veces non o conseguín, polo que pido perdon polos erros políticos cometidos e polo dano que puiden facer á miña formación política e aos que depositaron a súa confianza en min. Pídovos sinceras desculpas. Milleiros de grazas a tod@s.

PUXA SPORTING, SAÚDE E REPUBLICA.

*Fidel Castro é concelleiro de Servizos de Bueu.