Opinión | Os camiños da vida
X.L. Méndez Ferrín
Pelaiu 2
O asasino fascista ("valga a redundancia") de Nova Zelanda sabía ben o que facía cando escribiu nunha das súas armas o nome de don Pelayo, iniciador dubidosísimo da Reconquista ibérica ou hispánica, en lingua asturleonesa. Non sei se as fontes do individuo foron as clásicas de Lafuente ou as racistas en pleno desarrollo orixinadas en Alain de Benoist. En todo caso a mención de Pelaiu e outros indicios póñennos no seguinte camiño interpretativo: o asasino non estaba desprovisto de covertura argumental histórica. E moi concretamente, de apoio procédense das cavernas máis escuras de España. O catálogo das inscripcións sobre as armas do asasino de medio cento de musulmáns en Nova Zelanda é tan revelador coma o catálogo das naves gregas co cal Homero nos deleita os ouvidos na Ilíada. Coma no poema clásico se nos fai evidente a unidade e cohesión grega contra Troia, o catálogo das armas do asasino fascista fala da inspiración ideolóxica da familia á cal pertence. Fala de que unha das luces negras que o iluminaron para o crime veulle de España. Tamén as ausencias no catálogo das armas do asasino falan con elocuencia. Falta alí o nome do Príncipe Igor.
O fermosísi- mo poema épico proto-ruso que tén como heroi central a Igor é anónimo e foi composto nun tempo medieval que anda polo século XII, aínda que Borodín o usou coma manantío de inspiración. Trata tal cantar, das loitas dos rusos da época contra unha tribo asiática de pagáns ou sexa musulmáns que lles disputaban aos eslavos aquelas chairas. Loita, pois, de loiros idoeuropeos, ou indoxermánicos, contra invasores asiáticos e islámicos. Por qué, nalgunha das moitas armas con inscripcións nas que figuraban nomes relevantes do racismo branco o asasino de Nova Zelanda non incluiu, co de Pelaiu, o nome medieval do Príncipe Igor?
A verdade é que os mentores que manipularon o asasino e mesmo lle subvencionaron unha viaxe de estudos a unha España na que se incluiu Galicia, non estaban interesados en resucitar Igor por unha simple razón: iso favorecería un Putin que anulou eficazmente e con armas lexítimas o islamismo doméstico e pacificou a Rusia actual. E, quéirase ou non, Putin ou Igor significa no actual universo fascista o mesmo que no actual centro de dirección imperial planetario. Isto é: alguén que representa un dos grandes obstáculos que se opoñen no mundo ao dominio absoluto do capitalismo e da hexemonía norteamericana.
Arma ningunha do de Nova Zelanda levaba inscrito tampouco o nome de Roi Díaz, de Vivar Campeador. E isto por outra razón, seguramente ben meditada polos mentores do descerebrado de que tratamos. O Cid tiña boa amizade co rei mouro de Zaragoza, do mesmo modo que a CIA e os servizos israelitas a tiveron co EI antes de que o Príncipe Igor (Putin) propiciase en Siria a desfeita desta ruda forma de ser hoxe almorábide. Pero tales cousas non se lle deben explicar a plebeios racistas como o que asasinou xente inocente en Nova Zelanda.
Suscríbete para seguir leyendo
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó: «La casa parece una selva»