Opinión | Os camiños da vida
X.L. Méndez Ferrín
Conversas no Berbés: do ferry que non foi
Parece que o armador dos Britanny Ferries, un bretón bretonante e patriótico, quixo unir Vigo con Saint-Malo cunha liña regular de pasaxeiros. Disque, en Vigo, diversas oligarquías combinadas lle puxeron a proa ao proxecto.
En todos os anos seguintes si que houbo ferry de Santander a Plymouth, na porta da Cornoalla; pero non desde Galicia a Bretaña. Si, naturalmente sucan o Mar Céltico os containers entre o porto de Vigo, galego, e o de Saint-Nazaire, bretón. É unha verdadeira mágoa que non dispoñamos de ferry para meter o carro particular en Vigo e sacármolo en Bretaña, ou mesmo en Irlanda.
Do mesmo modo que constitúe un escándalo que ninguén estea pedindo para Vigo un aeroporto de carga internacional que libere o trasfego de mercadorías da servidume de mover mundos de camións entre Peinador e Vitoria-Gasteiz. Están obsesionados, os políticos, con Leixões e co Porto, cando non con Viana do Castelo. Parece que lles vai a vida na supremacía imposible de Vigo sobre o Porto, e mesmo algún andan xa substituindo o anticoruñesismo primitivo por un antiportuguesismo disparatado no presente. Até lles molesta que haxa barcos abrigados da galerna na ría de Vigo, antes de entraren en Leixões ou Leça.
Está claro que non funciona, e cada vez menos, o reflexo da unión gallegoportuguesa, da restauración necesaria da Gallaecia, non sendo nas relacións locais que ligan cada vez máis concellos miñotos coma os de Tomiño (con Goián á cabeza) e Vila Nova de Cerveira, alén doutros tamén beneméritos no seu vogar contra corrente.
Vemos que se van, felizmente, reconstruír, por vía universitaria relacións, que veñen da prehistoria, entre Galicia, Bretaña e Irlanda. Trátase agora da universidade europea do mar que están a tecer en tres cidades do Mar Céltico, que decía Páz Andrade en "Galicia como Tarea". Elas son: unha de Cork (Irlanda), unha de Nantes (acórdense de Jules Verne) e a nosa de Vigo. Se cadra, ao se levar a cabo o proxecto, alguén pense que pagaría a pena facer sucar o noso mar grande, e alto, entre Fisterras Atlánticas, cunha liña regular de ferries para pasaxeiros.
Suscríbete para seguir leyendo
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Tiene paro cero y sueldo de 70.000 euros: esta es la carrera universitaria más ignorada en España
- Ni Rodas ni Samil: un portugués en Galicia descubre la playa con el agua más «caliente y cristalina» cerca de Vigo
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- El camping más bonito de España está en Pontevedra: totalmente equipado y con vistas a la ría de Vigo
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Un crimen y un precinto policial que se eternizó: «La casa parece una selva»