Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Brouhaha

Teño predilección pola verba hebrea francesa que titula, de seguro impertinentemente, esta columna. Brouhaha significa máis ca rumor, máis ca barullo, máis ca estrondo. Lémbrame o ham ham dun poema xenial de Xohán Rodrígues do Padrón, que intenta verbalizar o ladrido dos cans. Eis o bruido esterrecente da manda humana cando ao linchamentos. Hai intres da historia no que resulta case imposíbel facerse ouvir por riba do brouhaha do pensamento único, do pensamento húnico. Por qué os EE UU queren derrubar o goberno presidido por Maduro? Alí hai eleccións libres, e até eu diría que demasiadas. Alí existe propiedade privada, incluída a bancaria. A libertade de prensa é tal que os mais fortes media do país combaten contra o goberno legal e en favor dun presidente de ficción.

Esta última palabra por min escrita condúcenos, coma a derradeira pedra de Polgariño, á raíz do enigma. Que é o Ogro, no vello conto centroeuropeao. O brouhaha, a confusión, o latir do canil, o ouvear dos enfurecidos, a liquidación do raciocinio político aparecen coma unha negra sombra sobre nós ao pretender facérmonos ouvir no medio da crise. Porque Venezuela é hoxe o espello Escuro (perdóeme Lola) do mundo no que vivimos. Espernexan os EE UU en xestos esquinados de defunción. E, nos estertores, quérennos convencer e levar a canda eles. Non, señor. Por qué os EE UU ameazan con invadir un país, Venezuela, no que imperan todos os dereitos humanos e no que domina un réxime democrático infinitamente contrastado e no que todas as formas de capitalismo están permitidas? Por unha razón sinxela: o subsolo marítimo-terrestre do país é riquísimo do dominio público. E os EE UU queren convertilo en privado e facerse donos das colosais reservas de gas, e petróleo, e ouro, e minerais mil, que estran a patria bolivariana.

Como dicí o outro, privatizar xa privatizaron o petróleo de Iraq e de Libia. Pero estou a pensar que, igual que non conseguiron roubar as riquezas naturais de Siria, as empresas capitalistas que gobernan os EE UU non se van facer con Venezuela nesta xeira. O mundo, hoxe, non aplaude unanimemente aos EE UU e non se une en bloque ao brouhaha da xauría, lembren: China, Rusia. E así

Compartir el artículo

stats