Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os Camiños da Vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

Regreso ao País dos Ananos

Houbo referendum en Cuba (república que se constitueu en 1898 separándose de España) e foi aprobada alí unha nova constitución. Reafírmase a nova constitución no carácter socialista do estado, aínda que ela presente un marco legal no que a actividade económica cooperativa e privada serán reguladas en leis e códigos subsecuentes. O cal vai ocorrir tamén coa administración dos dereitos individuais e familiares, dominio en que ningún suxeito poderá ser discriminado, poño por caso, polas súas tendencias sexuais (sempre e cando isto non implique ocultar a imposición violenta dunha persoa sobre outra).

En xeral, a nova constitución cubana semella ser matriz dunha sucesión de leis que asegurarán, so o liderado do Partido Comunista, unha apertura ao futuro e unha consolidación dos valores fundamentais instituídos na illa en 1959. Moitos consideran que en Cuba non existe a democracia porque non se admiten aló máis partidos políticos ca un, como ocorre, con grande proveito para os cidadáns, na China. Esas mesmas persoas asegurannos que en Venezuela non rexe a democracia, a pesar de que alí goza de libertade de asociación e de formación de partidos políticos.

En Venezuela convócanse eleccións continuamente, aínda que case todas as gañe o chavismo. Son eleccións falsificadas, estas? Os observadores internacionais, entre os que compre destacar Jimmy Carter, dixeron sempre que eran eleccións limpas. En Venezuela hai libertade de prensa, e mesmo os máis importantes medios de comunicación venezolanos son antigobernamentais. Tamén hai libre empresa capitalista. Por exemplo: Bangesto, propietario en Galicia de Abanca, é un grupo, como todo o mundo sabe, domicialiado en Venezuela.

En Venezuela gañou as eleccións presidenciais, porque alí teñen unha república presidencialista do tipo das que seguen o modelo fundacional dos EE UU, o candidato do Partido Socialista Unido de Venezuela, formación amplia na que converxe a máis da política histórica de esquerda xenuína do País. Ou sexa, que as mesmas persoas aseguran que Cuba non é democrática e que Venezuela tamén non é democrática, contradictoriamente. Segundo din eles, Venezuela e Cuba son dictaduras, ás veces tachadas de "totalitarias". A Venezuela tratan de aniquilala para apropiarse das súas riquezas cun golpe de estado "en pleno desarrollo", como din por alá, os EE UU xa nin intentan tal vía de inxerencia en Cuba. Non.

Compartir el artículo

stats