Hoxe que viñen a Lalín, nótase que estamos esperando á Feira do Cocido, e parece que vai vir bo tempo, de modo que esperamos, coma todos os anos, que moitos veñan visitarnos. Vemos porquiños por todos os lados da localidade, son porquiños bonitos e chamadeiros, que animan á festa. Pero eu penso que, polo menos, falta un porco. Boto de menos entre todos eles o porco cheo de lama, que a min, cando era rapaza, me mandaban levar os porcos a bañar, que así era como se dicía, ¡e que ben o pasaban! E non como pasa cos de agora, encerrados a centos e a miles, que so están para comer e morrer.

En cousas melloramos, pero noutras, moito peor.

*Veciña de Cercio (Lalín)