EEUU, e a subalternidade, teñen sempre plans para aquilo que o españolismo antano chamaba Hispanoamérica ou Iberoamérica.

En Nicaragua progresa unha obra maior do comercio internacional do noso tempo. Trátase do trasvase que aproveitando o lago cordial da terra de Rubén Darío, conectará os océanos Pacífico e Atlántico. A nova canle vaille facer perder á vellouca de Panamá, hexemonizada por EEUU, diñeiro e poder estratéxico. A nova canle interoceánica está impulsada por China. Agora os esforzos do Novo Trump Rehabilitado van dirixidos a derrubar o goberno patriótico de Daniel Ortega e instalar en Nicaragua unha marioneta modelo Bolsonaro.

En canto a Venezuela, alí hai moito máis que roubar. Imprecisas pro colosais reservas de petróleo, gas, ouro, minerais raros, están agora so o poder do estado republicano que aló rexe desque Bolívar mandou os españois para Madrid. Os EEUU teñen para Venezuela asignado un destino ancilar. Queren a morte do socialismo bolivariano.

Importa apoderarse das riquezas venezolanas e entregarlles a súa posesión ao capital estranxeiro. O que fixeron en Irak ou en Libia pode servir de modelo. Captúrese Maduro e fágase co seu corpo o que se fixo co de Gadafi ou co de Sadam Hussein. Lembren que o primeiro foi dividido en porcións, non sen antes o sodomizar. En canto ao segundo, contentáronse, máis piedosamente, con enforcalo polo pescozo até morrer coa lingua de fóra. Procederon, logo, así: entregáronlle o petróleo e o gas de Libia e Irak a entidades privadas norteamericanas (España, cañí non entrou na rapañota).

Estas compañías constituíronse en feudos de novo tipo con exércitos mercenarios e modelados sobre o esquema Black Veter. Velaí as repúblicas (non Arabia Saudí monárquica e confisional) de Irak e Libia escarteladas e desaparecidas da realidade.

Non cremos que poida pasar nada semellante a iso en Venezuela. En Venezuela hai un exército e un pobo ben cohesionados. E no plano internacional non parece que o bolivarismo, nin o sandinismo, vaian ser desamparados por Rusia e por China. Unha, é o país máis poboado do planeta. China e Rusia posúen o coñecemento, e a centralidade planetaria que hoxe é Eurasia. A este respecto, eu ollo Siria e vexo alí un alivio.

Estamos, pois, avanzando no mundo cara o multilateralismo. A lóxica do lucro financieiro, hoxe predominante, non consegue borrar das subxectividades o anceio de libertade dos pobos e de igualdade dos traballadores do mundo enteiro.

Pensamos que o Principio Esperanza (de Ernst Bloch) seguirá a emitir unha luz vermelliza. "Rojo farol amante", por Rafael Dieste.