14 de enero de 2019
14.01.2019
segunda feira

Da superioridade do crédulo

14.01.2019 | 01:31
Da superioridade do crédulo

Lin un artigo titulado "Religión y Evolución". O seu autor facíase eco de certos académicos pertencentes á corrente do "creacionismo ou deseño divino" como explicación da orixe das especies. Viñan decer que a emoción relixiosa e a crenza mítica constitúen o risco distintivo da fase superior da evolución. Si, o ser humano adornado coa Gracia da Fe estaría situado no altísimo banzo da escada evolutiva. Cousa semellante, abofé, non se lle ocorrera a Teilhard de Chardin (maltratado polo Vaticano) cando poetizou a figura mística do seu Cristo Cósmico.

Que os suxeitos relixiosos sexan subrehumanos e por iso constitúan a vangarda da evolución é algo que mesmo podía facer rir o vello Nietzsche. Pódese acaso decer que o Creador, no cumio do seu plan, colocou unha especie, a nosa, capaz de producir especimes dotados de emoción relixiosa e polo tanto superiores? Crer no Dioivo, en Adán e Eva, nos Novísimos que inclúen o Xuizo Final, en varios espacios cósmicos (Eliade) que son Ceo, Inferno, Limbos, Purgatorio, denota a superioridade universal do crédulo

Compte pensou que a etapa (histórica, non biolóxica) do tempo moderno tiña como signo o predominio da razón e da ciencia positiva. Pero sería idiota Compte, ou quen fose, se dixese que o ateísmo, a ciencia, a hexemonía da razón, son producto da evolución que fai aos máis sabios superiores aos relixiosos e crentes. Os científicos, os ateos, os materialistas non son superiores a ninguén coa mente menos exercitada no libre pensamento, na filosofía e na crítica.

O azar, a necesidade, a loita pola existencia dos seres vivos, a selección natural, o autodinamismo da materia, orixinaron un estadio no que non ten lugar calquera ser supremo á marxe das leis da Natureza. Fixeron posíbel que esteamos os humanos no sitio no que estamos; todos. Para ben, para mal e para regular.

Darwin, que elucidou as leis que rexen o movemento das formas da vida, e Marx, que fixo o descobremento das leis que rexen a Historia, non eran seres superiores nin resultado privilexiado dunha evolución que os entronizase por cima dos restantes humanos. Nin eles nin Einstein nin Freud nin antes Newton nin os grandes creadores artísticos e literarios foron bencidos por Ser Supremo ningún e disterados dos demais homes e mulleres.

Pro, ao parecer, e segundo pensadores do chamado creacionismo, a emoción relixiosa converte o humano que a esperimenta en superior aos seus conxéneres. Deus sempre coloca a uns á súa esquerda e a outros á súa dereita.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook