Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os Camiños da Vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

Polbo e Noite de Nadal

"Quero ir ás festas/ i-ás romarías/ comer o pulpo i-autras cousas finas -cantáballe, acompañado da sanfona, mestre Faustino Santalices á súa netiña nas memorabeis veladas da Coral de Ruada que o Teatro Principal acollía no primeiro tramo de vida desta agrupación ourensá que xa é centenaria. Cándo é que entrou o polbo na fisioloxía do gusto nacional das terras interiores, mesmo lucenses, arraianas e bercianas, e por qué esta moda que se eternizou felizmente pro nunca pasou a raia de Portugal, son cousas que sempre me cuestiono.

Podemos adiviñar as dornas de Bueu e de Ons e os polbeiros, co seu raño e o engado de marisco e a pedra branca no cabo da liña matando polbos e máis polbos para seren secados á xistra e ao vento mareiro igual ca as raias, as zapatas e ben doutros peixes. Logo miramos o pulpo ou "polbo" seco empaquetado sobre machos e múas polos Paraño arriba ao son do cantar do arrieiro de Moraña e do Carballiño. Finalmente, o polbo distribuíase ás polbeiras e aos polbeiros que, en prato de madeira, ían surtindo as feiras de Galicia non marítima. Recibimos varios avisos de leitores. Na Galicia tradicional non só (nin sempre) era de rigor o bacallau na mesa de Noiteboa.

A celebración podía facerse, e facíase case ritualmente, noutros lugares da Galicia máis montañosa cocendo polbo ou "polbo", seco na casa. Por aquel tempo, se cadra debido á comercialización do polbo seco, a moda borrou no profundo de Galicia o nome autóctono (polbo) para pór o castelán pulpo, de o mestizo "polbo". Eu sei certo que en moitos lares de Bande, de Cortegada, de Baños, de Salvaterra, aínda hoxe se coce e come polbo nos fogares por Noiteboa. Naturalmente, gózase do polbo, e do bacallau, debido a que a igrexa católica, ao considerala inclusa en día de vixilia, tiña prohibido o consumo de carne na Noiteboa do pasado. Eu quero pensar que, mesmo, nalgunhas casas a receita preparaban o polbo "a moda do Chantre", tal e como batizou Picadillo a receita en honor a un beneficiado da colexiata do Campo, da Coruña, con quen o simpático gastrónomo compartía experiencias culinarias na súa Bilbao do pazo de Anzobre.

Compartir el artículo

stats