Xesús Cordeiro Budiño "Menfis" finou en Compostela na mañanciña do 22 de decembro despois dunha longa enfermidade.

Tras exercer como policía municipal e tesoureiro na Mancomunidade de Montes de Moaña, desenvolveu a súa profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola como funcionario da Axencia de Extensión Agraria en Vilagarcía, acadando logo o seu destino definitivo en Lalín, onde residiu dende 1996.

A súa actividade política desenvolveuse na Secretaría da Delegación da Consellaría de Agricultura en Pontevedra, e na concellaría e portavocía do BNG no Concello de Lalín.

Home de familia, afable e de amplo sorriso. Gran conversador, de carácter altruísta, solidario e comprometido... a súa enorme perda sentirase, sen dúbida, tanto no Morrazo como na comarca do Deza.