Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

A urxencia de vivir

O día a día a vida lévanos en volandas e moitas veces sen tempo para reflexionar nin pensar caemos nunha rutina abúlica que non exixe esforzo e polo tanto tampouco resulta nin creativa, nin gratificante, pero si livián e polo tanto non consume esforzo nin traballo físico ou mental, tan so vivimos, que non é pouco .Neste estado case de anestesia dos sentimentos e a razón, o famoso; laisser faire, laisser passer que din os franceses; os homes, enténdase por aquelo do linguaxe inclusivo tan de moda agora; homes e mulleres, que tanto monta, monta tanto, regresamos instintivamente ao útero materno para sentirnos seguros. Un útero de pacotilla e feito a medida das nosas consciencias, algo así como mirar para outro lado para non ver o que non nos gusta.Resulta polo tanto urxente e cada vez máis aprender a importancia de escoitar. Compartir o noso tempo presente con todos, en tanto que aprendemos da experiencia dos outros, dos seus éxitos e fracasos chegando a sentilos como propios.

Hai que aprender a desfrutar intercambiando roles e papeis na vida, e alterando o pasado se fai falla para gañar o futuro, porque o presente é tan so unha ilusión, un chisco que se apaga como un misto de lume, nun segundo inventado. Temos a obriga e a necesidade de rir e rirnos de nos todos, de nos mesmos, e de todo e con todos, sen excluír a ninguén. Resulta imprescindible a cada un de nos poñernos no teu lugar aínda que non nos guste, sen pedir nada a cambio, tan so polo pracer de aprender a ser outro, e comprender como e porque pensa e razoa deste xeito, ao cabo nada importa salvo os sentimentos e o amor o único que nos salva e fai libres. É necesario comprender o que paso a paso deixamos, o que non conseguimos, o que perdemos, o que se acaso podemos recuperar con esforzo, o que vale a pena internar sexa como sexa aínda que nunca o consigamos, e ser conscientes como homes mutantes temporais, mortais, non eternos, carne putrefacta e osos, non granito nin bronce pulido con brillo propio.

Resulta urxente e necesario recuperar a ilusión, os soños, a experiencia das probas e a fantasía e o medo dos nenos que malviven esquecidos no interior dos nosos corpos, aprendendo a morrer despacio, como nun xogo, desprendéndonos de todo o que resulta pesado e nos ata, de todo o que doe e nos fai materiais, porque somos seres de luz que se apaga na escuridade do odio.

Compartir el artículo

stats