Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

O "efecto Solari"

Antes de nada e para os que non lles interesa o mundo mundial deste terrible negocio no que está a se converter o invento dos ingleses que coñecemos como fútbol, e polo tanto ignoran quen é o Solari do título deste meu artigo, direilles que foi un bo xogador e agora por arte das carambolas que como as meigas, "habelas hainas", exerce como primeiro técnico responsable da plantilla do Real (habería que dicir irreal), Madrid, o equipo do ínclito don Florentino Pérez, que non ten nada que ver co famoso rato que rouba os dentes dos rapaces.

Nos tempos que malgastamos, apelar publicamente como se dun Bálsamo de Fierabras calquera se tratara, a "testiculina", de profesionais que cobran o ouro e o mouro por dar patadiñas a unha pelota, na miña nenez de coiro, hoxe xa non sei porque as traen os das multinacionais dos deportes de Taiwan, Formosa, ou a India, onde seica a xente traballa por un prato de arroz, e clara saen moi baratiñas.

Pois digo que si o remedio dalgúns é apelar os testículos para demostrar que es mellor que o teu contrincante, e dicir publicamente "imos xogar e saír adiante cun par de collóns", resulta como mínimo unha infamia, unha estupidez e dende logo un recurso máis ben pobre dos que carecen do sentido común da xente normal, que fai o seu traballo profesionalmente, con agarimo, caladamente e xenerosamente, porque lle gusta, porque precisa os cartos, porque foi o seu soño de vida, porque non lle queda máis remedio, tantos e tantos porqués de cada un de nos, que dende logo non apelamos os atributos masculinos como forma de xustificación.

Mal, moi mal lle foi o noso mundo cando alguén fixo valer tal cousa para impoñer a súa irracionalidade, a forza contra a lóxica e a razón, e a historia está chea de fracasos, en forma de testiculina disimulada, non hai mais que botar unha ollada os libros de textos para comprender do que lles falo, e nos aquí mesmo temos un precedente cruel e terrible do que os militares con un par, fixeron coa desculpa dunha guerra civil, e corenta anos de ditadura e represión testicular.

Pois non señor Solari, non se trata de entender a vida, con dous, non se trata de gañar a base de testículos, nin motivar co manido recurso dos collóns, non.

Mellor, moito mellor nos iría a todos se usaramos e mesmo abusaramos, dos argumentos da razón, o tesón, o traballo, a formación, a educación, as relacións sociais de amizade e veciñanza, en definitiva todo aquelo que caracteriza e diferencia os homes dos animais, que si o basean todo na forza física, pero claro eles viven na selva, nos tamén.

Compartir el artículo

stats