Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pÉ do farelo

Carta ao meu fillo nonato

Amado fill@ nonato (poñamos deste xeito, porque non quero xa empezar a miña carta e que algúns me chamen machista de entrada), hei recoñecer que fuches listo de carallo ao elixir non pasar do estado primixenio de embrión ao de feto que medra no interior quentiño do útero materno, antes de saber o que íaste atopar aquí fora, porque coa que está a caer no noso mundo, mellor non saír ás súas rúas, por iso e para que o penses e tomes a mellor das alternativas posibles vouche contar como andan as cousas do día a día por esta banda.

Vou recoñecer que temos de todo, un infinito mundo material de cousas e máis cousas, pero non nos serve para nada, empezando pola palabra porque cada vez hai máis e mais incomunicación, soidade e ausencia de contacto físico -as redes sociais e os wassap co móbil, non contan, tampouco internet nin as múltiples posibilidades de perfiles falsos que estamos afeitos a crearnos e inventarnos-, falo do contacto físico, tocar, acariñar, escoitar a voz, ulir, sentir e sentirnos compartindo.

Esquecimos os principios fundamentais do que nos diferencia do resto das especies animais, o uso da razón e a capacidade de pensar, o que chamamos "raciocinio", e cada vez é máis usual o uso da forza, a violencia gratuíta e ante a carencia ou ausencia de argumentos, o recurso da violencia, a lei dos máis fortes, a lei da selva, o sálvese quen poida.

Xa ninguén recorda o que supón a xustiza social, a conquista da felicidade, o reparto equitativo dos recursos. Dende logo que non fillo meu, e o que vas atopar aquí é desigualdade, odio, violencia extrema, miseria, explotación, falsidade, mentira, corrupción, medo, o horror de vivir o tremor de perder a vida, a materialización do sofisma de Rousseau de que O Home é un lobo para o home. Tanto vale tanto teño, canto máis poderoso e rico mellor, a avaricia, a cobiza sen fin e os escrúpulos morais botados no cubo do lixo.

Así que xa ves amado meu fillo nonato, pénsao ben antes de decidirche porque despois a cousa xa non vai ter remedio, e aínda que exista unha lei que permite o aborto terapéutico, nós non estamos polo tema.

Pola nosa parte tan só podemos ofrecerche e prometerche amor, o demais vas ter que loitar ti a cara de can por conseguilo, porque aquí agora; vivir e loitar a brazo partido contra os demais, e o mundo virtual e real que temos construído entre nós todos, onde non hai irmáns, senón contrincantes. Ti verás o que fas. Un bico grande e se non queres nacer ímolo comprender aínda que doa.

Compartir el artículo

stats