Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

Locos de atar

A verdade é que a historia da humanidade estase chea de xente, persoas que no seu día contra o tempo que lles tocou vivir, tiveron unha visión, unha ilusión un soño e grazas a que estaban certamente mais locos que unha cabra, hoxe en día nos todos vivimos nun mundo algo máis cómodo, non sei se mellor ou peor, dende logo si diferente e enormemente mais pequeno e global que aquel outro.

Marco Polo que abriu Oriente ao Occidente, Galileo Galilei, que tivo o valor de contradicir nada menos que ó poder da Igrexa e a Santa Inquisición, Cristóbal Colón, que atravesou o Atlántico nunha cáscara de noz, Thomas Edison, que fixo posible o imposible a luz, Pasteur e Madame Curie, que combateron a enfermidade e tantos outros dende logo, "tolos de atar", sen os que este mundo noso seguiría nas cavernas, comendo carne de mamut, con taparrabos e a garrotazos.Pero xunto con estes soñadores do imposible, hai outros tolos, que teriamos que ter atados e ben atados, sonche os locos, tontos ou idiotas perigosos, os que lamentablemente como as armas, veñen cargadas polo demo e nos que depositamos a nosa confianza xenerosamente.

Ollo, que non estou a falar destes outros Santos Inocentes, os toliños, que tiñamos a fortuna de ter nas nosas vilas e aldeas, aqueles dos que todo o mundo ríase na taberna, co xogo dos cartos, pero que eran mais listos que nos todos xuntos á hora de sobrevivir.

A ver Maloliño, que queres mellor un peso ou unha peseta?.E el sempre elexía a peseta.Un día díxenlle; Manolo pero non che decatas de que sonche mais cartos un peso que unha peseta?. Porque colles sempre a peseta? Carallo, díxome todo serio, seino, claro que o sei, pero se collo o peso, acabase o conto e así, danme unha peseta cada vez. Eu sonche tonto, pero non estou tolo!.

Coñecín a outro Maloliño, inocente como o que mais, pero listo coma un allo, que repartía os xornais polos bares de paso que levaba a venda uns boletos dunha rifa das que nunca toca. Cando coincidía con el e o convidaba ó café con leite e churros, sempre invariablemente remataba dándome a súa tarxeta de visita por se precisaba algo, nela podías ler: Manuel Iglesias, xornalista.

Aquí mesmo, na nosa terra escoitei aínda que non cheguei a coñecer, o caso do Abelardo, que era capaz de facer contas impensables de multiplicacións e divisións de cabeza, sen lapis nin papel, cando resulta que era analfabeto, a cambio dun grolo de viño Sanson na taberna do Cambote.

Boa xente toda, nobre, simple e xenerosa. Algo curtos de entendederas, si é posible, pero sen perigo. Pero ollo, gárdarvos ben dos tolos avariciosos e interesados, porque como dicía meu pai: "Que nadie sepa lo que tu sabes", estes si que son o demo, capaces de levar a xente a un enfrontamento aberto, veciño contra veciño, irmáns contra pais, xente toda ata hai uns dias convivindo en igualdade e paz, e montar unha guerra atroz, cruel e fratricida, polos seus propios intereses, sen escrúpulos de ningún tipo e a costa do que sexa, mentindo, falseando a realidade, subornando, enganando, terxiversando, todo vale con tal de saírse coa súa.

Eses si que dan mais que medo, pavor. E por desgraza temos a nosa historia chea de casos e os escoitamos cada dia nos medios de comunicación, coma se tal cousa.Gárdenos Deus; o mellor aínda:" de mis amigos guardeme Dios, que de mis enemigos me guardo yo".

Compartir el artículo

stats