Dende logo que hai xente con valor neste mundo noso, ou como dicía o meu pai: Hay gente pa to" (era malagueño).

O outro día fun ver un partido de fútbol, dos moitos que se xogan cada fin de sema polos campos da rexional, o liga local o preferente ou cómo farrapos de gaitas se diga. Realmente teño que recoñecer que non sei un chisco de toda esta historia.

A verdade é que dende o invento da televisión, e o negocio do fútbol, (hai anos que deixou de ser un deporte, e pasou a ser non máis que outro espectáculo, por certo ben caro), non tiña regresado ás miñas orixes dofútbol base, de partidos xogados naqueles campos de terra, antes do invento da herba artificial, dos moitos, que alomenos antes había nos colexios, vilas e parroquias de calquera lugar do noso país, onde empecei a pegar patadas, ás veces incluso ao balón, as máis das veces nas canelas dos outros xogadores, por suposto dos equipos contrarios.

Pois eso, que alí estaba eu, coa miña gorriña, facía una solana do carallo, tentando divertirme coas xogadas e goles, preparado para unha tardiña agradable e charlas cos amigos e veciños.

Pero ¡ miña madriña! Aquelo xa empezou mal, e nada mais botarse ao terreo de xogo os do outro equipo, polo demais case veciños nosos, dunha vila ben cerquiña a nós, en tódolos sentidos, algunha xente comezou a berrarlles de todo, menos bonitos.

Pero a fin de festa foi para o pobriño do árbitro, ben novo por certo, con insultos irrepetibles se hai nenos diante.

Durante o partido a cousa foi máis o menos no mesmo sentido: berros, asubíos, insultos, mencións honoríficas a nai dalgún deles, etc.

Pero sen chegar a entender nada disto, nun partido polo demais amigable, o que mais me chamou foi a agresividade tanto xestual, coma verbal, da xente. Tamén teño que aclarar que era minoría, pero ben ruidosa e facíanse notar de máis, e dende logo, tanto os xogadores, como o propio árbitro tiñan que escoitar os insultos claramente.

Pensei se isto non é tamén outro tipo de violencia, e sobre todo dime conta facilmente disto porque dos grupos ultras, os skin, os radicais, e sen ir máis lonxe, das vergoñentas actuacións, dos mal chamados afeccionados, nos encontros da nosa e doutras ligas doutros países. Algo que lamentablemente se está a converter en normal, como vemos xa sen alporizarnos na televisión.

E despois o comité antiviolencia entra a sancionar e estudiar determinados comportamentos de técnicos, xogadores, presidentes etc. de clubs.....

Esto é sinxelamente o efecto boomerang, aquelo de "cría corvos". A violencia e agresividade, incluso cando o que imos çe a pasalo ben, xa è incuestionable. Alguén terá que asumilo e buscar as causas no mesma sociedade que estamos a vivir.

Claro que escoitando o ínclito Presidente do Procès berrar que... " imos atacar o Estado", comprendese a situación de violencia e agresividade na que nos mergullamos todos nos, uns contra outros, O do fútbol resulta pura anécdota.