Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os camiños da vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

Portugal primeiro

O primeiro estado nacional constituido en Europa foi Portugal, uns trescentos anos antes de que os RR CC intentaran algo parecido con España. Cando a España non lle quedaba nin Guiné Ecuatorial, Portugal conservaba o que fora terceiro imperio colonial do mundo. En 1910 os populares portugueses deron morte oa seu rei e impuxeron unha República que goza da propiedade da permanencia ilimitada, mentras España fracasou dúas veces no intento e parece que vai ter sempre un Borbón no cumio do Estado. Antes de vir esta "exemplar Transición" e a democracia dubidosa que temos, Portugal botou embaixo o seu fascismo e hoxe alí non se sabe mesmo onde se encontra a cova que cobexa os ósos de Oliveira Salazar.

Naturalmente, todo o que eu escribín arriba son verdades a medias das cales se poden facer interpretacións e mesmo terxiversacións múltiples. A crenza de que as grandes mudanzas históricas se producen primeiro en Portugal, en serio, e despois, ao modo marxista de farsa, en España, é un lugar común que soe transmitirse de pais a fillos nos medios republicanos de Galicia. Recordo que o 25 de abril de 1974 o boato reverdeceu e todos consideraron imposibel un franquismo sen Franco. Na realidade Portugal e España son incomparabeis. Sobre todo polo seguinte: na República veciña existe a loita de clases pero, emancipadas as colonias, non hai cuestión nacional. Salvo en Miranda do Douro, onde se conserva, con dereitos recoñecidos na Constitución, a lingua e condición leonesa, en Portugal non hai nada parecido ás nacionalidades. Mesmo inda, hai territorios de Badajoz, España, onde a lingua portuguesa e a minoría nacional portuguesa languidecen sen que Madrid nin a autonomía de Extremadura lle concedan protección e dereitos.

Dito isto, poñémonos a mirar e vemos. Unha vez máis funciona a vella consigna republicana de Galicia: atención a Portugal. Moita, atención, diría eu. Alí o Partido Comunista Portugués e o Bloco de Esquerda apoian criticamente e manteñen o Partido Socialista no goberno, e mesmo condicionan o presidente de dereita da República. E iso ocorre desde antes do día no que o PSOE, apoiado pola esquerda parlamentaria, e galegos e galegas de En Maré, derrubaron, con axuda nacionalitaria vasca e catalana, a dereita española toda.

Compartir el artículo

stats