14 de julio de 2018
14.07.2018

Festa parroquial galega: patrimonio inmaterial de Galicia

14.07.2018 | 02:17

Pouca xente que se achegara por Galicia nalgún momento da súa vida poderá poner en dúbida que esta terra e máxica: terra de mitos e lendas, encantamentos, fontes milagreiras alá por onde se vaia e un sinfín de capelas desperdigadas polos seus montes no que o santo aboga polos seus devotos cando o sacan en procesión. Ata a nosa bebida por excelencia, a "queimada", debe ser bebida sempre despois dun ritual de lectura que nos recorda os máxicos mundos da literatura fantástica. Sei que para a xente daquí eso forma parte das nosas costumes e non lle damos maior transcendencia, pero asegúrovos que iso e un dos motivos polo que somos o país das mil festas. Se nos tempos de Felipe II en España non se poñía nunca o sol, podemos decir que en Galicia, no verán, non temos ninguna hora do día sen festa en algún lugar. Debido a todo isto, e despois de facer distintas averiguacións históricas, foi cando nos dimos conta que o fenómeno galego das festas non se da en ningún outro lugar do mundo en esa proporción de extensión: e dicir, somos únicos no mundo nese aspecto.

Os mais maiores sempre recordaremos o día da festa na nosa parroquia como algo único e especial. Eu recordo que o día anterior tardaba moito en dormirme e sentía un formigueo pensando no día seguinte. Eso significaba que volvería a ver aos amigos do colexio (entón solo nos víamos nas festas da volta durante o verán), os emigrantes que retornaban sempre pola festa e sabía que meu pai sempre se emocionaba cando viña o seu amigo que fixo a "mili" con él en Ceuta e agora estaba emigrado en Francia: pero sempre voltaba pola festa e recordaban as súas anécdotas nun clima de entrañable algarabía. Recordos de neno.

Agora a festa cambiou, e lóxico: as tecnoloxías fan que todo esté mais preto e perda o seu misterio, pero cremos que debemos intentar que isos valores non se perdan e volver a poñer "maxia" nos nosos festexos, que debemos recuperar a volta os nosos oríxenes e volver a sentirnos parte de ese sítio onde naceron os nosos país e avós. E unha volta o escomenzo, e un viaxe a terra meiga e máxica. Dádevos unha volta por eses sitios encantados onde se celebran as festas e notarédelo no ambiente, notaredes o poder desos sitios encantados e que os nosos "antigos" nunca deixaron a pesares de que a Igrexa Católica se fixera con eles.

Facédeo?e contádeme despois

*Presidente de AGO (Asociación Galega de Orquestras)

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook