Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ás voltas co adro da igrexa do Carme

Ainda que para moitos asuntos da alma pode rexer a lei de Deus, para cousas máis mundanas prevalece a do home (e da muller, sexa dito). É o caso das obras no adro da igrexa do Carme de Moaña, ás que segundo o Concello fáltanlle permisos que as respalden. Así que, se todos e todas temos os mesmos dereitos e obrigas, hai que cumprilas. Polo menos aquí na terra, que no ceo Deus dirá...

Queixas por cans e barcos na costa

Non todos aceptan deixar o can na casa cando van á praia nin todos compartir a area e a auga con eles. Hai queixas por esa convivencia á marxe da ordenanza, que separa especies, como tamén pola cercanía dalgunhas embarcacións ás zonas de baño.

Metra Topografía tamén existe

Pois a cada un o seu, e non quero esquecerme de ninguén, menos aínda se é da casa. O caso é que a empresa Xesmega é a encargada de elaborar o estudio técnico que ampare a declaración de ENIL entre Punta Balea e As Barreiras, pero tamén que Metra Topografía xa se está encargando dos planos. É de Darbo. Con máis motivo...

Compartir el artículo

stats