Opinión

Javier Manchado

Á Panaroma compénsalle facer casa en Moaña

Xa é un clásico da festa dos Remedios, en Tirán, e agora entra tamén no cartel do Carme, donde despregará o seu espectáculo o domingo día 15 de xullo. Con esta querencia por Moaña, á Orquestra Panorama vaille compensar facer casa no Morrazo, para aforrar en desprazamentos de tanto ir e vir. Con semellante caché, a amortización parece garantizada.

En Berducedo e Piñeiro convidan á muiñada

É unha das celebracións tradicionais cando chega o bo tempo e o río dos Ladróns aínda conserva caudal para mover a moa. As condicións cúmprense agora e a agrupación Solaina leva días preparando o terreo para acoller esta tarde a festa a carón do muíño da Lagoíña. A partires das seis haberá produtos tradicionais, viño de colleita, gaitas, baile e moitas gañas de troula mentres o corpo responda. O colectivo de Berducedo e Piñeiro convida a non perdelo.

Fin de curso en A Rúa

E no Ceip A Rúa, a Anpa organiza hoxe a festa fin de curso cunha morea de actividades. O mesmo noutros centros, grazas ao traballo xeneroso duns poucos/as. Son imprescindibles e non valoramos o que valen.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents