Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

O estaleiro da Banda do Río II

Hai máis de cen anos, alá cando se puxo en pé o estaleiro da Banda do Río, había tamén vento, chuva, temporais e maruxías. Tamén había sentido común, e sentido de comunidade.

A madeira coa que se ergueu aquela primera parte, aquel pequeno cuberto baixo o que naceron tantos botes polbeiros cos que os mariñeiros se gañaban a vida, era madeira do país, ou, que digo do país.... era da vila! Agora, imos ter unha obra moderna, poderosa, e flamante, si. Pero unha obra pechada e morta... Porque agora veñen de fóra a ensinarnos a facer as cousas de antes, veñen con madeiras de moi lonxe, veñen cunha súper estrutura que vai resistir chuvas, ventos, e todo canto lle veña enriba. Todo, todo menos o sentido común, que tanto pesa. Todo menos a sensibilidade que tanto escasea. Todo menos o respecto por algo que levaba tanto tempo en pé!

Por que os que non saben queren decidir? Por que os que non teñen medios queren posuír?

Temos a sorte de ter na vila un museo marítimo e mariñeiro no que abundan os coñecementos e no que hai capacidade e vontade para darlle vida ao estaleiro, ou ó que queda del, con ilusión de compartir coa xente que nos visita a cultura que nos trouxo ata aquí, aquela da que estivemos feitos e estamos feitos. Mais hai quen non quere nin darlle a oportunidade, silenciando, coma se fose un inimigo.

Logo de tantos anos de debate e confrontación, e acadado un consenso social máis que maioritario, como é que aqueles motivos polos cales se anulou unha intervención máis respetuosa, son agora os que parecen abrir paso para atender peticións particulares? "O.M.D.", esa é a resposta. Si, o nome daquel grupo musical: manobras orquestadas na escuridade.

*Veciño da Banda do Río

Compartir el artículo

stats