Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unidade necesaria para a folga xeral

As sucesivas reformas lexislativas desde 2010 con Zapatero por esixencia do capital e Europa non fixeron máis que revocar dereitos, fulminar conquistas e arruinar o noso futuro. Despido máis barato tirando gratis, EREs á carta e sen xustificación, precarización laboral extrema, empobrecemento das pensións, xubilación máis tardía, atacouse a negociación colectiva... Reformas que mudaron a nosa vida. Algunhas destas medidas foron impostas vía real decrato e outras amañadas e consensuadas coa patronal e incluso con sindicatos moi importantes no país como CCOO e UGT.

O resultado é un empobrecemento xeral e unha baixada de categoría económica deste país no ránking mundial. Co PP en minoría, todo segue igual. Pensamos que a sociedade civil debe dar o paso e mudar estas circunstancias. A movilización ten que ser absoluta e camiñar cara unha folga xeral. Os pensionistas demostraron que saíndo á rúa, mobilizándonos, somos quen de cambiar a norma.

Necesitamos que o sindicalismo se una e faga fronte a estas medidas. De aí a nosa proposta de folga xeral.

*Secretario comarcal da CIG Ourense.

Compartir el artículo

stats