Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Perdéronse as persoas

A crise deixou na nosa provincia un regueiro de destrución de emprego perda de dereitos laborais e o que é peor, a perda dun activo moi importante, que son as persoas. A xente marchou e agora, que segundo o Goberno, xa estamos en plena recuperación e dan por superada a crise, esa xente non pode volver porque o único que vai atopar, no mellor dos casos, son traballos temporais, precarios e mal pagados como consecuencia das medidas impostas polos Gobernos dende 2008.

Os datos de paro e da EPA así o reflicten, máis poboación inactiva que en idade de traballar e unha taxa de actividade que non sobe do 50%. Non hai un tecido industrial (con valor engadido) que funcione; o sector agrícola, que foi un dos motores en tempos, está abandonado e, inda por riba, o interior perde inversións en favor da costa. Iso foi o que nos quedou.

A recuperación non se percibe en Ourense. É hora de recuperar o poder adquisitivo dos salarios, de mellorar os servizos públicos e as pensións, aumentar o gasto en sanidade, educación protección social e igualdade. Máis que nunca nunha provincia que bate récords, pero en negativo.

*Secretario Xeral U.C. UGT-Ourense/Valdeorras/Verín.

Compartir el artículo

stats