Opinión | TRIBUNA LIBRE
José Luis Vidal Laiño
A xeración do 68 de novo en pé
Nós, a xeración do Maio do 68, estamos de novo en pé, que como unha Marea Viva, inundamos as rúas e prazas do Estado español, con unha só voz: Reclamar o noso dereito a unha pensión digna e actualizada, como nos recoñece o artigo 50 da Constitución española.
Somos unha xeración, que no seu día nos sumamos a Revolta estudiantil do Maio Francés do 68 contra a sociedade de consumo. Revolta, que non só provocou eleccións anticipadas en Francia, senón que percorreou todo o mundo, lembrando aquél refrán do século XIX que decía que "Cando París estornuda, toda Europa se resfría".
Pero antes do Maio Francés, houbo en Galiza un Marzo do 68, que naceu en Compostela na Facultade de Económicas, como moitos e moitas lembramos, sendo vangarda dese movemento do 68. Os que nos levantamos no 68, hoxe pensionistas, somos os constructores da Sociedade do Benestar, coas nosas loitas reivindicativas, co noso traballo i esforzo, conseguindo dereitos que hoxe nos quita a dictadura das maiorias do Partido Popular.
Nós cotizamos toda unha vida laboral para poder disfrutar dunha pensión digna, que agora no-la queren quitar ou reducir a miseria. Non lles basta con vaciar as arcas púbricas, senón que tamén vaciaron a ucha das pensións e utilizaron o diñeiro da Seguridade Social para outros fins, e agora temos que aguantar que nos digan que o Estado fai un préstamo a Seguridade Social para o pago da extra de decembro. Que sarcasmo!
Estos constitucionalistas como se fan chamar, de banderita en la solapa, son os primeiros en non acatar a Constitución. Basta lembrar que cambiaron o Artigo 135, sen consultar coa cidadanía, para garantizar o pago da deuda por riba dos dereitos sociais. Tampouco están cumprindo co artigo 50 da Constitución do ano 1978, que garantiza ás pensións e a súa revalorización.
Pero esta revolta dos pensionistas, faltalles unha pata: Faltan os nosos fillos e fillas, netos e netas, que viñeron disfrutando dun benestar que nos construimos e que agora nos quitan. Eles que están sen futuro, non tendo un traballo digno (dereito tamén que recoñece a Constitución) e teñen que emigrar como moitos de nos fixemos no seu día, e polo tanto, tampouco teñen garantizada unha pensión futura.
Os nosos fillos e fillas teñen que reaccionar e loitar para poder ter un futuro, porque ademais son unha xeneración moi preparada como nunca tivemos, polo que teñen que sumarse a esta loita dos seus pais e nais,porque tamén é a súa loita por un futuro digno.
Nesta loita en defensa dunha pensión digna, cabemos todos e todas, non é unha loita ideolóxica, é trasversal, nos afecta a todos e todas e polo tanto sobran siglas partidistas e menos convocatorias sindicais da súa leiriña, que o que fan e dividir, como pretende o goberno do Partido Popular. Nesta loita cabemos todos e todas.
Os pensionistas e as pensionistas, temos que estar unidos, por dignidade, por un dereito que nos corresponde, polo que nos sacrificamos toda unha vida, porque nos xubilamos da vida laboral, pero non da vida, e polo que a nosa mensaxe ten que ser ben alto e forte: Nós non temos medo.
* Pensionista
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Giráldez rechazó al Athletic y al Villarreal
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Una ganadería de Rodeiro, entre las diez más productivas de vacuno frisón de toda España
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- El histórico ascenso de la Unión Deportiva Ourense a Primera RFEF garantiza un sueldo mínimo de 25.000 euros para 18 jugadores
- Veranear en Galicia se vuelve más caro otro año más: 2.500 euros en Sanxenxo, 1.350 en Nigrán o 900 euros en Cangas