Ao longo deste ano 2018, en toda Europa celebrarase a diversidade do noso Patrimonio Cultural a nivel da Unión Europea. A exposición en Vigo do Pergamiño Vindel significa culturalmente un referente, un dos obxectivos que trata de promover o Ano Europeo do Patrimonio Cultural (AEPC), de cara a dar ánimos a cidadanía, reforzar o sentimento de pertenza, e a descubrir e comprometerse co noso Patrimonio Cultural nun espazo común. E tal como tamén suxire o AEPC defender: "O noso patrimonio: onde o pasado atopase co futuro". Na medida en que nos acheguemos o que é noso, e nos comprometamos activamente con el, a cultura e a nosa identidade quedaran reforzadas e influirán na nosa vida cotiá como un elemento de cohesión e de riqueza.

No caso da nosa cidade Vigo, habería que salientar que estes últimos anos diferentes asociacións culturais, entidades, fundacións ou institutos están levando a cabo unha salientable actividade cultural, que se facía necesaria. Como tódolos vigueses e viguesas saben a Asociación Cultural Pertenza puxo o seu grao de area, e foi quen de realizar a primeira das xestións para a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo. Non foi un tema espontáneo nin froito da casualidade. Os membros de Pertenza debatemos ao longo de varios anos sobre a necesidade de que Martín Codax e as súas Cantigas de amigo, deberían acadar un lugar preeminente na cidade e que pagaría a pena iniciar un proceso que afortunadamente púidose conseguir ca traída do Vindel.

Unha vez clausurada a exposición do Vindel: "Pergamiño Vindel: Un tesouro en sete cantigas", o pasado día 5 de marzo no Museo do Mar de Galicia, temos que felicitarnos, e como se soe dicir o Vindel: "marchou porque tiña que marchar". Durante a exposición do Pergamiño do 10 de outubro de 2017 ó 5 de marzo de 2018, e unha vez finalizada, é o momento de facer o(s) análise(s) do débalo da mesma.

A redor da exposición do Vindel, hai que subliñar os artigos, crónicas, opinións e colaboracións especiais que foron reflectidas nos medios de comunicación (Faro de Vigo e outros xornais...), así como entrevistas, programacións e informacións na radio e televisión (RTVG, SER, Ponte nas Ondas...), que os nosos lectores tiveron ocasión de ler e escoitar de cara a facerse unha opinión sobre os mesmos. Se fixeron moitos actos!! Seguramente insuficientes!! Poren, o mais importante, é que o Pergamiño Vindel estivo connosco.

Durante a súa estadía, tiveron lugar toda unha serie de actividades culturais, académicas e sobre todo musicais que non nos é, posible dar conta de todos eles. Un Ciclo de Conferencias: "Os xoves do Vindel" así como o Simposio Internacional "E irei madr'a vigo" foron organizadas polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UdeVigo.

No concernente a música hai que subliñar os Concertos de Nadal da UdeVigo: "O Pergamiño Vindel: Unha viaxe musical" o 19 de decembro de 2017, dirixido por Cristina Pato e a despedida do Vindel: "Trobadores e trobadoras do s. XXI". Un espectáculo poético-musical, que se celebrou o pasado dia 3 de marzo no que interviñeron Iván e Amaro Ferreiro, Susana Seivane, Lydia Botana, Wöyza, Patricia Moon, Eladio Santos, Rosa Cedrón, Lucia Fernández e Nicolas Pastoriza.

A Orquestra Sinfónica Vigo 430, participou co tema "Labirinto azul" baseado no Pergamiño Vindel. Colaboración tamén do Departamento de Música Antiga do Conservatorio de Superior de Musica de Vigo; das corais María Auxiliadora de Vigo, Piñeiral de Chapela, UVDC de Candean ou o Coro Proxecto Vocal de Vigo.

Os obradoiros para un achegamento a música da Idade Media, tiveron lugar por diferentes grupos musicais en Vigo, e a súa Área Metropolitana. O grupo "Pres de Cambrai", actuou no Museo do Mar, San Simón, Baiona e Cangas. No Gaias actuou o grupo "Ensemble Micrologus" e Dores Tembras. Roi Casal e Uxía participaron na despedida do Vindel no Museo do Mar de Galicia.

VindeCine realizou o audiovisual: "O tempo de Martín Codax", e como acto festivo houbo sesións vermú: Un vermú polo Vindel, as cociñas do Pergamiño Vindel e a confeitaría El Molino da cidade sacou a venda unha fermosa caixa de bombos ca ilustración do Pergamiño.

Salientar como publicacións a reedición das Cantigas de Martín Codax (Edición de Henrique Monteagudo). Editorial Galaxia, 2º edición (2017), a cargo do Consello Social Universitario de Vigo; Catalogo Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas. Edición Xunta de Galicia, UdeVigo e o Museo do Mar, (2017) e As Cantigas de Martín Codax en 55 idiomas. Editadas pola UdeVigo, (2018).

O Pergamiño Vindel, forma parte do noso Patrimonio Cultural, por iso temos que preservalo e transmitilo as xeracións futuras. Non é algo estático ou do pasado, senón que evoluciona ca complicidade do noso compromiso con el, na medida en que é, peza fundamental na construción do noso futuro. O noso privelexiado medio natural, as artes, os obxectos, os oficios aprendidos dos nosos antepasados, as historias que contamos os nosos fillos e as nosas fillas, a comida da que gozamos nas festas ou en compañía dos nosos amigos e amigas, así como as películas que vemos e nas que nos recoñecemos, forman parte da nosa cultura, da nosa cidade e do noso pobo.

A nosa cidade e rica en edificios, obras de arte, libros, maquinas e cun tecido industrial marítimo pesqueiro de primeira magnitude a carón do importantísimo tecido industrial de Vigo e a súa Área Metropolitana. Si a isto lle engadimos unha lingua marabillosa o futuro será noso!! Precisamos dun diálogo intercultural, que descubra a nosa "diversidade" sobre o que temos en común con outras culturas as que podemos aportar e o mesmo tempo recibimos delas. É, a mellor maneira de enriquecer as nosas vidas e a nosa identidade. Si abandonamos o noso Patrimonio Cultural, entraremos nun deterioro e decadencia do mais apreciado, por iso hai que gozalo e protexelo.

O Ano Europeo da Cultura, e unha boa ocasión referencial para este ano 2018. Tanto a Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea así como o Comité das rexións e o Comité Económico Social Europeo, están organizando actos de cara a celebración deste ano 2018, a redor de toda unha serie de actividades centradas no Patrimonio Cultural. A UNESCO colaborara co Consello de Europa, executando proxectos a largo prazo con centros escolares, investigación sobre solucións innovadoras para a utilización de edificios históricos ou a loita contra o tráfico de bens culturais. O obxectivo é provocar un verdadeiro cambio na maneira en que gocemos, protexamos e promovamos o patrimonio e garantísemos que o AEPC beneficie os cidadáns a longo prazo.

*Membro da Asociación Cultural Pertenza