Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Lao Santos, in memoriam

Oh, capitán! Meu capitán!

A nosa terrible viaxe ven de rematar,

o barco ven de sobrevivir a todas as trampas,

vimos de gañar o premio que arelabamos,

o porto está máis perto, escoito as campás, o pobo enteiro feliz,...

Nestes tempos de friaxe, na noite deste mércores, 7 de febreiro, un xélido vento rachaba o fío da vida do noso Patrón e compañeiro, Lao Santos.

As verbas ao Mar do noso poeta Manuel María eran premonitorias:

Esta tarde están baixas as nubes

e é a cor do mar como a da cinza

Os berros salvaxes das gaivotas

semellan coiteladas

que fan escoar o corazón da tarde

Despídese de todas e todos nós o Patrón da nave do BNG de Cangas destas últimas décadas. O amigo Lao ven de chegar a porto e de cruzar o umbral da eternidade.

A súa experiencia nos mares foi a súa mellor escola, a mellor forma de prepararse e de entender o mundo que lle tocou e nos toca vivir. No barco da vida e do nacionalismo tiña gañado a confianza, destreza e habilidade para manter a embarcación firme, para capear temporais a unha mínima velocidade e así poder manobrar as ondas, sinsabores de treboadas e naufraxios.

Contaba co agarimo, respecto e admiración de todas as persoas que convivimos con el. En tempos de sol e mar calmo, como en días de furia e treboada, sempre nos transmitía unha mensaxe positiva, de superación e perseverancia. Avante compañeiro/a!

Debemos acadar as intencións do poeta do mar, Manuel Antonio:

Encheremos as velas

coa luz naufraga da madrugada

?????????????

Inventaremos frustradas descobertas

a barlovento dos horizontes

para acelerar os abolidos corazóns

dos noso veleiros defraudados.

Debemos seguir as ordes do noso Patrón, que ten un novo destiño como embaixador en Mares e Océanos. Sigamos Avante, Avante, inda que hoxe sexamos un pouco máis fráxiles e nos esbaren unhas bágoas de despedida.

Bicos de escuma e salitre, e moitos azos de esperanza para a súa muller, Carmiña, os seus fillos e familia.

Febreiro 2018 - BNG de Cangas

Compartir el artículo

stats