Opinión | tRIBUNA LIBRE

Salomé Peña*

Para ser bo alcalde

Aparentar bo rapaz non é suficiente para ser alcalde.

Estes días asistíamos ao que pensábamos sería o final dun capítulo que se alargaba en exceso no tempo, a solución aos recibos de auga inflados. Transcurrido un ano dende que os concelleiros do Partido Popular de Ribadumia advertísemos ao alcalde, primeiro de que estaban a chegar recibos cun consumo cero e, un ano despois, de que estaban a chegar recibos de auga desproporcionados, pensamos que xa chegaría a solución definitiva, pero aínda toca esperar.

A realidade é que IR e o alcalde de Ribadumia, non asumiran no seu programa electoral compromisos importantes para o Concello que aspiraban a gobernar. Nese sentido, ninguén poderá pedirlle contas, mais aínda dende que tivo que firmar un pacto de goberno tripartito para acceder á alcaldía.

Pero o que si lle debemos pedir é que resolva os problemas que afectan aos nosos veciños e aproveite as oportunidades que se lle brindan ao noso Concello. Iso corresponde única e exclusivamente ó alcalde, David Castro.

Non é de recibo que, un ano despois de coñecer o problema dos recibos de auga inflados, o alcalde siga a escusarse e botar culpas a outros, mentres 600 familias seguen a espera de que se resolva o problema e devolva o cobrado de mais.

Non é de recibo que 3 anos despois de que accedera á alcaldía manteña a pousada pechada, sen importarlle o perxuicio que se lle causa a propia instalación e os veciños de Ribadumia, mentres que viaxa a Francia, Italia ou Fitur a promocionar non sabemos moi ben o que. Non é de recibo que Ribadumia perda unha subvención da Deputación de 1,5 millóns de euros, por presentar un proxecto que non cumpría os mínimos esixidos na convocatoria.Non é de recibo que o alcalde malgaste 50.000 euros en arranxar unha finca privada para aparcamento, a cambio dun uso público de tan só cinco anos, momento a partir do cal o propietario poderá dispoñer da mesma.

Non hai nada máis gratificante que ser alcalde ou alcaldesa do teu pobo, e axudar desde esa posición a mellorar as condicións dos teus veciños e do teu concello, pero para conseguir iso, non chega aparentar ser "un bo rapaz".

*Salomé Peña é voceira do PP de Ribadumia.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents