Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Administración ineficiente

Cóntovos unha anécdota persoal como mostra do funcionamento do Concello de Agolada: no inverno pasado caeu un pedazo do cercado que rodea a miña casa en Quintela-Brocos. En abril fun ao Concello a pedir licenza para reconstruir o muro. Presentei a documentación e tramitouse a licenza. O Concello envíame unha carta a finais de xuño para que pase a pagar o imposto correspondente e recoller a licenza. Ata aquí todo correcto. Agardei ata primeiros de xullo para ir a facer o trámite porque nese mes estaba de vacacións e antes non podía acercarme ao Concello en horario de oficina.

E aquí empezan as viaxes: chego ao Concello e o funcionario que me atende dime, sen levantarse da silla, que non sabe nada e que fale cunha funcionaria que leva o asunto pero que nese día non traballaba e que teño que voltar outro día. Pasei polo Concello de Agolada ao cabo duns días; e o mesmo, seica esa persoa non estaba e que voltase outro día. Ben cabreado e botando pestes do mal funcionamento da administración aqualatense fun tomar uns viños decidindo non levar as cousas a maiores e pensando que estaba de vacacións e que calquera momento era bo para acercarme á vila de Agolada a buscar o devandito papel e aproveitar para tomar uns viños coa xente amiga de por alí. Á terceira vez foi a vencida e ao final conseguin pagar o imposto que me correspondía e obter a licenza. Menos mal que estaba de vacacións....imaxinade calquera persoa que teña que faltar ao traballo tres días distintos para facer estes trámites....non é de recibo. Mal funcionamento municipal. Calquera funcionario podería atenderme e darme os documentos previo pago eu no banco. Administración municipal inutil...cabreo teño abondo.

Ah, e xa non falemos de administración electrónica. Porque en calquera outra administración este tipo de procedementos se tramitan por internet.

Pero falamos de Agolada onde a administración electrónica nin está, nin se lle espera (contrariamente ao que manda a lexislación). Non hai portal electrónico semellante aos da Axencia Tributaria onde tramitar o IRPF, IVE ou Patrimonio. ou os dos Servizos de Emprego onde tramitar paro... ou o da Xunta para tramitar todo tipo de solicitudes e expedientes ou os das universidades onde matricularse os alumnos, baixar os apuntes e materias exames. Non hai nada diso...e facer iso, de maneira segura e con garantías para os cidadáns, en canto a identidade e prazos, (como establece a Ley de Procedemento Administrativo) é fácil e é barato.Relativamente barato, moito máis barato que facer obras que logo non serven para nada como pasa con algunha en Agolada. Hoxe en día hai ferramentas informáticas moi adquiribles que facilitan o acercamento da administración aos cidadáns tan só é vontade de facelo. A administración electrónica tamén axuda a fixar poboación no rural distanciado e diseminado.

En fin que fai moita falta que entre todas e todos nos poñamos a traballar para mudar as cousas en Agolada. Esta situación é insostible. Hai que facer algo.

*Veciño de Brocos.

Compartir el artículo

stats