Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Atasco de feirantes que buscan sitio no Cristo

Menudo agosto que lle está a tocar ao persoal que cubre as vacacións dos funcionarios encargados do Rexistro no Concello de Cangas! A apertura do prazo para solicitar espazos para as Festas do Cristo está provocando unha avalancha de feirantes, e non todos están polo labor de descargar os formularios de Internet e traelos cumprimentados, como sinalan a convocatoria. Así que estes días hai festa adiantada no recibidor municipal e os afectados xa piden papas antes de que o chunda chunda empece a soar. Ruído para uns, negocio para outros.

Contedores que espantan

Os que tamén están que trinan (por empregar un verbo suave) son os comerciantes e veciños da rúa Baiona que teñen preto os contedores do lixo que perfuman o ambiente. Non se trata, din, que teñan o olfato máis sensible que noutras zonas, senón que os recipientes sofren máis actividade durante o verán e que a empresa concesionaria quere aforrar en auga máis do que estipula o prego de condicións. Así que, ou se toman cartas no asunto, avisan, ou terán que tomar outras medidas para que os residentes e os visitantes, mesmo nenos do parque infantil próximo, non se obriguen á espantada.

Compartir el artículo

stats