03 de agosto de 2017
03.08.2017
OBITUARIO

Ata sempre, camarada

03.08.2017 | 02:31

Deixounos hoxe Ramón Rodríguez, Moncho Nela, sempre presente no traballo cultural e na loita social e política.

Comprometido coa cultura e a xustiza, ao seu impulso e traballo debeuse creación da Asociación Cultural Deza, pioneira na defensa da lingua galega e o patrimonio da Comarca de Deza, e da que foi o seu primeiro presidente. Esta súa actividade a prol da cultura sempre estivo enmarcada no seu compromiso político. Militante da ORT nos duros anos da transición política, estivo nas protestas contra as expropiacións polo encoro de Portodemouros. Non dubidou en participar como independente na candidatura do PSOE ás municipais de 1983 que agrupou a gran maioría da oposición política ao goberno de Alianza Popular. Colaborou na creación do Comité Anti-OTAN de Lalín e impulsou a candidatura da Coordinadora Alternativa de Lalín (CAL) nas municipais de 1983, na que tamén se integrou.

A súa última iniciativa foi a creación dunha asociación para a defensa do río Pontiñas. Moncho mantívose sempre ao lado da xustiza, da igualdade e da dignidade, e reivindicando a liberdade como escribiu o seu admirado García Calvo: "Libre te quiero como arroyo que brinca de peña en peña, pero no mía."

Desde O Naranxo, herdeiros da vella Asociación Cultural Deza que el fundou, queremos renderlle unha homenaxe con estes seus versos:

Así vos sentín eu, Terras de Deza,

Terras de Trasdeza máis da fría Camba,

Terras dos antergos da labra e da fala,

saúdos vos manda, polo ar, este que vos canta.

Moncho Nela, era un dos bos e xenerosos. Que a terra lle sexa leve.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine