Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Fin de etapa

Agora que chegou e pasou o fin de curso e estamos rematando o mes de xullo, estamos a rematar tamén, una etapa.

Quixera agradecer publicamente, e para isto utilizo este medio, o traballo que realizan, que está a realizar e que realizará o persoal da Escola Infantil Municipal (EIM). Durante dous anos estivo a miña filla matriculada. Durante dous anos estivo ao coidado voso. Durante dous anos ela foi contenta e encantada ao seu "cole", polo que deduzo que mal non o pasaba.

Por elo, quero agradecer a Rosa por atendernos sempre cun sorriso, a Maribel por abrinos a porta e desexarnos os bos días, as profes Sonia C., Cris, Sonia A., Raquel e Jesús por coidar, ensinar, aloumiñar, consolar e axudarlle a facer un montón de cousas e ter sempre un sorriso para nós; como non, agradecer a Pili e Loli, as cociñeiras, que facedes que a escola ula a gloria e que lle abrísedes as ganas de quedar a comer nese comedor tan estupendo. Agradecer ao resto do profesorado tamén, tedes que perdoar pero descoñezo o nome de todas, pero que sempre nos atendestes con cariño, amabilidade e educación. GRAZAS!

Verémonos en setembro porque empeza o pequeno e espero que todo siga funcionando senón mellor, igual de ben sempre dentro das vosa posibilidades. Así aproveito para solicitar as autoridades pertinentes que coiden, que mimen, que doten a un servizo municipal que funciona ben. Nos meses de calor e bo tempo poderían manter o espazo verde un pouco máis coidado para o seu uso e disfrute e, sobre todo, buscar a solución ao problema das altas temperaturas que teñen que soportar os usuarios (adultos e crianzas) nos citados meses. Non sei se o saben, pero as temperaturas que alí dentro se alcanzan en calquera día caloroso son bastante elevadas e estaría ben que alguén lle puxese solución, mais que nada porque alí dentro está o maior tesouro que calquera pode ter: o futuro, as nosas crianzas.

*Veciña da Estrada.

Compartir el artículo

stats