Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Non somos bonecos de trapo

Estimados membros de todos os grupos políticos do Parlamento de Galicia, con todo o respecto e con estas letras remítome a vostedes en xeral, ao mesmo tempo que, particularmente, me dirixo ao Sr. Jeseús Vázquez Almuiña como conselleiro de Sanidade. Como un dos moitos cidadáns usuarios do servizo sanitario galego, diríxome a vostedes para que nos dean unha resposta e nos traten coma persoas, non coma simples votos as vésperas de eleccións. Se decidimos dirixirnos a vostedes é para pedirles respostas ou incluso solucións. Como reclamante na Oficina de Atención ao Paciente, igual ca outros moitos usuarios do servizo sanitario, decidín presentar non so unha reclamación, senón unha por cada incidencia cometida, das cales non temos nin respostas nin vemos solucións.

Sr. Jesús Vázquez Almuiña, simplemente estoulle a comunicar que entendemos que existan recortes na sanidade -a maior causa deste problema, posiblemente, se deba a tantos casos de corrupción que existen neste país-, pero o que non me parece correcto é que a saúde e o benestar dos nosos pacientes se vexan truncados por eses recortes en cuestións básicas e morais. Cando falo de cuestións básicas e morais, refírome á hixiene e desinfección dos quirófanos, que ultimamente, por cuestións de axilizar listas de espera, están moi concorridos e pouco desinfectados. Tamén me refiro á hixiene e desinfección das habitacións dos pacientes, é escasa, por non dicir nula. Tamén falo da falta de calidade na alimentación que se lle da aos pacientes, moitas veces en mal estado.

Tamén estou a falar da falta de empatía e de asertividade por parte dalgún dos membros do persoal sanitario, olvidándose da súa vocación, claro está que en todas as cestas sempre hai unha mazá podre. Tamén estou a falar da falta de atención e servizos prestados no centro ambulatorio de Lalín. Ao mesmo tempo que nos queixamos, tamén sabemos recoñecer o bo traballo que moitos dos nosos profesionais sanitarios están a desempeñar coa súa obriga no seu posto de traballo a pesar dos recortes. Non só estou a falar do Hospital Provincial de Conxo, nin do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, tamén estou a falar do ambulatorio de Lalín.

Sr. Jesús Vázquez Almuiña, somos moitos os que día a día nos sentimos indignados pola situación dun sistema que non funciona correctamente, espero comprenda o noso malestar pola atención recibida, e recórdolle que somos persoas, non bonecos de trapo.

Sen máis, despídome cun cordial saúdo.

*Veciño de Lalín

Compartir el artículo

stats