Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Trillo, persona non grata en Lalín

O xoves 26 de xaneiro de 2017, o equipo de goberno de Lalín presentou unha moción a pleno sobre esta cuestión, na que por maioría simple decidiuse nomear a Federico Trillo, persoa non grata no Concello de Lalín. Con esta moción suman un total de 14 concellos españois nos que Trillo foi nomeado persoa non grata. A familia de Vicente Agulló, o militar lalinense falecido no Yak-42, manifestou dende o 1º instante que se mantiña ó marxe da iniciativa, ainda que respetaba a decisión do Concello de presentar a moción, e que aceptaría tamén respetuosamente a resolución resultante da votación democrática da mesma. Éste foi o parecer unánime da familia respeto da moción e acorde coa postura dos país de Vicente Agulló. O manifestado pola familia do militar dista moito do contido das informacións que o Sr. Alcalde fixo pública a este respeto nos medios, que daban a entender que a familia estaba dacordo e apoiaba ou respaldaba a iniciativa da proposta de dita moción. Hai pois que deixar claro que a moción non se presentou por iniciativa da familia de Vicente Agulló, que nin apoiou, nin promobeu, nin respaldou a proposta da moción, pois consideraba que carecía de significación, e que non reportaba ningún resarcimento legal nin moral a familia. Ben é certo que como a familia é moi ampla, e ainda que varios membros da mesma estaban en contra da moción e outros optaron pola neutralidade, había algún que outro a favor ou indecisos. Pero ó final a familia optou por manterse ó marxe da iniciativa e respetar a libre decisión do Concello de levala a pleno e aceptar o resultado da votación. O Sr. Alcalde, ó parecer, e segundo dixo nalgúns medios, falou por teléfono con algún que outro membro da familia cos que afirma ter confianza, e que probablemente sospeitara ou conocera xa o seu parecer a este respeto, pero dalgunha opinión particular que puido coñecer a priori, ó parecer de toda a familia, hay moita distancia. E sin falar co representante autorizado, apresurouse a presentar a moción, antes de ter coñecemento do parecer unánime da familia, que como xa se dixo, non era de apoio ou respaldo, senón de neutralidade. Á familia de Vicente Agulló sorprendeuse da forma en que o Tte. Alcalde presentou a moción, relatando unha crónica da neglixente xestión do exministro Trillo do accidente do Yak-42, con referencias á familia innecesarias e fora de tono; pero sorprendeuse ainda mais das declaración ós medios por parte do mesmo alcalde, que o día 5 de xaneiro dixo que falara con Carlos Agulló, que era o mais próximo a través da Plataforma, sen falar para nada con él. Tamén dixo que falara con Victorino Agulló e tampouco falou con él deste tema por ningún medio. O 16 de xaneiro dixo a outro membro da familia que falara coas súas irmáns. Todo una ceremonia de confusión xogando a confundir, despistar e interpretar ó seu antoxo a posición da familia a este respeto para levar adiante a súa iniciativa ó seu xeito. Estas formas utilizadas de actitude demagóxica e manipuladora, por parte do Alcalde nunha cuestión tan delicada, especialmente para a familia de Vicente Agulló, non son propias dun representante público, e deixa ben claro que a razón de fondo da moción era probablemente una iniciativa de protagonismo mediático por parte do Concello e/ou quizais de revanchismo político, sen importarlle apenas o parecer da mesma familia, na que xenerou desconfianza, discordia e indignación. A familia de Vicente Agulló respeta a moción que presentou o equipo de goberno, pero non acepta que se lle atribúa a iniciativa nin o protagonismo, respaldo ou apoio da mesma, e non entende que o mesmo Alcalde non sólo non falara con toda a familia, senón que incluso non lle deixara tempo suficiente para emitir comunicación escrita coa opinión unánime de tódolos membros da mesma, e lamenta que o Alcalde mentise públicamente ó afirmar nos medios que falara con membros cos que non falou para nada e lamenta asimesmo que cada dous por tres teña que sair ó paso para aclarar informacións falsas sobre esta cuestión que xa resultan excesivas e cansinas para a familia Agulló, que por outra banda quere agradecer a preocupación por esta cuestión e as mostras de afecto e apoio de parte de amigos de Vicente e da súa familia que recibiron tanto estes días como dende o mesmo accidente do que se cumpren 14 anos o próximo 26 de maio.

Compartir el artículo

stats