Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os 71 do Candán

Este sábado, cinco amigos de Sendeiros do Candán/Montes de Galicia, realizamos unha ruta/reto de 71 quilómetros pola Serra do Candán con saída e chegada na aldea de Zobra (Lalín). Ademais da esixencia persoal que supón camiñar esa distancia sen parar, súmase a acumulación dun desnivel positivo de 3.200 metros, porcentaxes de desnivel dun 31% e unha media dun 8,9%.

Con este reto pretendemos, entre outras cousas, dar a coñecer as posibilidades desta paraxe natural, na que se poden realizar dende rutas curtas ata grandes percorridos. É de salientar, que neste caso, non se repetiu nin un só metro de camiño.

A ruta compúxose de tres partes: A primeira é nocturna, na que saímos de Zobra a partires da 01:00 horas. A segunda foi dende o amencer ata o km. 59, onde se estableceu un punto de encontro para comezar a terceira na que se uniron con nás un grupo de amigos e familiares para realizar xuntos os últimos 12 quilómetros, ata o remate en Zobra.

Queremos agradecer de maneira especial, a colaboración prestada pola Tapería Pizzería A Casa do Gato, que non dubidaron en poñerse á nosa disposición para proporcionarnos avituallamento e loxística, sen eles non sería posible, e ao Café de Mili, que nos aprovisionou de barriñas enerxéticas. Tamén mencionar aos veciños da parroquia de Zobra, por acollernos sempre con tanto agarimo.

Compartir el artículo

stats