Opinión | Campo de Granada
Manuel Bragado
Rúas para o escritor Álvaro Cunqueiro
Felizmente Álvaro Cunqueiro continuará formando parte do rueiro de Madrid. A rúa co seu nome, situada preto do barrio do Pilar, como as bautizadas como Rosalía de Castro, Islas Cíes ou Monforte de Lemos, seguirá sendo testemuña de galeguidade na zona norte da capital. Supérase así unha polémica absurda provocada hai case dous anos cando o nome do xenial escritor de Mondoñedo foi incluído entre os que o equipo de goberno do Ayuntamiento de Madrid estudaba retirar do seu rueiro, en cumprimento do artigo 15 da Lei da Memoria Histórica. Evítase así un delirante "cunqueiricidio", que nunca debeu producirse, nin sequera no papel, xa que as razóns de que o seu nome fose incorporado ao rueiro madrileño obedeceron aos seus méritos literarios e non ao seu comportamento político, vinculado ao franquismo, tras os primeiros anos do alzamento militar e até o seu regreso a súa vila natal en 1947.
Ninguén discute hoxe en Galicia a simpatía e agarimo que concita a figura literaria de don Álvaro, cuxo nome (como o do poeta Celso Emilio Ferreiro ou da escritora Rosalía de Castro) aparece con fachenda inzado aquí e acolá o país enteiro. En Vigo, o autor de "Merlín e familia" (1955) honra co seu nome o novo hospital do Sergas en Valadares e dende hai décadas un dos institutos de Secundaria de Coia. O seu nome forma parte do rueiro de todas as sete grandes cidades galegas e da maioría das outras pequenas cidades e vilas do país. En todas elas réndese homenaxe a quen foi un escritor memorable, tanto como poeta, narrador, autor dramático e excepcional columnista de "El envés", pezas publicadas en FARO DE VIGO, xornal que dirixiu de 1964 a 1970.
Rúas para o escritor Álvaro Cunqueiro de quen herdamos a confianza esperanzosa de traballar a man tenta e a man común para que a nosa lingua continúe florecendo mil primaveras máis. O feliz trasacordo do goberno de Manuela Carmena obedece a idénticas razóns: lembrar e recoñecer ao escritor e humanista galego. Longa memoria para don Álvaro nas rúas co seu nome!
stylename="070_TXT_inf_01"> bretemas@gmail.com
Suscríbete para seguir leyendo
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Calleja se despide de Cuatro en Galicia alabando a los gallegos y su gastronomía
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- El conocido punto de venta de drogas de Vigo que da problemas cada semana
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- Ilaix firma por cuatro temporadas