Opinión | Campo de Granada
Manuel Bragado
O Vindel a Vigo
O Pergamiño Vindel será exposto en Vigo. Grazas a un acordo entre a Universidade de Vigo (UDV) e a Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia péchase, felizmente, a xestión iniciada pola viguesa Asociación Cultural Pertenza que solicitou á Pierpont Morgan Library Museum de Nova York a cesión temporal para a súa exposición en Vigo da que é unha das primeiras pezas do patrimonio galego e a icona literaria da cidade e da ría do poeta Martín Codax.
Supérase así a paralización dun proxecto expositivo a celebrar no museo Marco, "Os tesouros da cidade", anunciado hai uns meses pola universidade e o concello, que agora pasa a chamarse "Berce da nosa cultura" e que comisionado polo historiador Francisco Singul se desenvolverá no Museo do Mar de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia.
Os vigueses por fin poderemos gozar da experiencia de coñecer ao vivo unha das nosas alfaias máis valiosas, o orixinal do pergamiño do século XIII, que contén as sete cantigas de amigo atribuídas a Martín Codax, acompañadas dos pentagramas musicais de seis delas.
Un fito histórico para Vigo que se convertirá entre outubro de 2017 e marzo de 2018 en capital da cultura literaria lusófona, ademais de importante atracción do turismo cultural, especialmente, portugués. Un regreso do pergamiño ao seu berce que contribuirá a esculcar sobre a orixe da propia lingua e literatura galegas, no congreso que se celebrará con motivo dunha exposición que, ademais, ollará sobre a orixe dunha cidade que Cunqueiro dicía fora creada por un poeta, Martín Codax, a quen o cronista Álvarez Blázquez consideraba o vigués máis universal de todos os tempos. En definitiva, a chegada do Vindel constituirá un gran acontecemento, quizais, o máis importante da historia cultural viguesa do que vai de século.
Porén, chama a atención que o Concello de Vigo renunciase a participar nunha iniciativa tan salientable para a historia da cidade metropolitana e cuxa importancia foi recoñecida no seu día pola Alcaldía. Unha ausencia que dificilmente pode ser xustificada polas dificultades do Concello para achegar 400.000 euros, cantidade na que se valoraba o custe da exposición do Vindel no Marco, xa que podería reducirse utilizando outras instalacións públicas, como a Casa das Artes, recabando a axuda do mecenado privado e, sobre todo, o apoio doutras institucións como a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia ou o propio Ministerio de Cultura. O regreso do Vindel a Vigo ben merecía un gran acordo de colaboración interinstitucional.
Pola contra, intúo que a incomodidade municipal coa exposición do Vindel é explicable polas desavinzas existentes entre o Concello e a universidade viguesa sobre o futuro do Campus do Mar nos terreos da ETEA en Teis. Un proxecto estratéxico liderado pola UDV e promovido polas tres universidades galegas, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Instituto Español de Oceanografía (IEO), chamado a transformar o que foron unha parte das instalacións da Armada en Teis nun espazo científico e de emprendemento tecnolóxico internacional. Un proxecto bloqueado hoxe polos desacordos políticos entre a Alcaldía e a delegada do estado da Zona Franca, actual propietaria dos terreos, que podería obrigar á UDV, despois de agardar case unha década, a buscar unha sede alternativa fóra de Vigo. Outro conflito interinstitucional (sen aparente solución) entre o Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e a Zona Franca que, como sucede coa lea metropolitana, máis alá das razóns de cada unha das partes (que non corresponde aquí dirimir), prexudica á cidadanía, sexa paralizando a recuperación do barrio de Teis ou poñendo en perigo un proxecto universitario, imprescindible para que Vigo conserve o seu liderado no eido da investigación mariña.
Xaora, o trasacordo sobre o Vindel é outro síntoma da crise da política cultural municipal, tanto no que atinxe aos criterios da programación de eventos e festivais como ao futuro das súas instalacións museísticas. É indubidable que non axudou a que o Concello participase no regreso do Vindel a incerteza sobre o futuro do Marco, tras o remate do período do actual director, nin tampouco a indefinición dos contidos expositivos da Casa das Palabras de Samil.
En todo caso, diante da importancia da chegada do Vindel, sabendo que o trasacordo é unha figura da nosa tradición cultural, agardo que se amplíe a tea dos acordos interinstitucionais de xeito que o concello de Vigo se incorpore tamén a ela, canto menos participando na difusión e no aproveitamento didáctico dun evento que debe constituír un punto de encontro e de orgullo de todos os vigueses.
stylename="070_TXT_inf_01">bretemas@gmail.com
Suscríbete para seguir leyendo
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal
- Los buzos de Gardacostas localizan el cuerpo del pescador de Bueu que se cayó al mar desde su dorna
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Brutal accidente en Meaño, con cinco heridos
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- Desgracia en el mar de Bueu: hoy se retoma la búsqueda del pescador que cayó de su dorna cuando regresaba a casa