Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O Balcón

Nosa "In Mare Fortuna"?

É un axioma a afirmación de que "Marín vive do mar". O Porto é un acceso a un dos máis grandes polígonos industriais da provincia. Ben certo que a súa especificidade ven dada pola dificultosa e soñada dislocación entre Porto e Polígono Industrial que moitos próceres do país claman e reclaman.

"O coñecemento é a mellor inversión que podese facer" proclamaba hai duas centurias Abraham Lincoln. Nese senso de "coñocer para invertir" é no que fago estas reflexións que cuestionan o axioma inicial.

Os datos, normalmente áridos e teimudos, son termómetros que miden ou poden medir a saúde, a febre e anunciar e mesmo anticipar unha infermidade. Son os que validan ou cuestionan un axioma.

Dous son mostra mais que suficiente para reflexionar sobre un axioma que parece xustificar calquera rumbo, calquera medida de goberno e calquera "Plan Extratéxico" para Marín: a evolución dos residentes e os datos do PIB (Producto Interior Bruto), ou sexa, a riqueza que xerá Marín que, redistribuida por habitante, destaca o que deuse en chamar Renta Per Capita (o paradigma habitual na comparanza do benestar dunha sociedade).

Do primeiro eixo, a poboación, pouco se pode decir que xa non fora comentado os pasados días nos medios de difusión: unha reducción dun 10% nos derradeiros anos que levounos de selo concello 12º a ocupalo 18º lugar con tendencia progresar cara ó 19º ; engadir o agravante dun rápido envellecemento da poboación. Un dato demográfico que anticipa un problema social nun horizonde de 10 a 15 anos no que os nosos gobernates -presentes e pasados- non teñen amosado unha visión de desenvolvemento a longo prazo. Non é só cuestión de ter 1, 2 ou 5 fillos senon de xerar accions que consoliden o asentamento e mismo capten recursos humans para o noso concello. Non é nada imposibel: exemplos ben claros temos en Galicia.

É o segundo dato, o PIB, a riqueza que xeramos, un elemento de causa-efecto que construe un círculo vicioso ou virtuoso que ningún gobernante de Marín ten afrontado: en moitas ocasions por incapacidade manifesta, plegamento a "intereses superiores" ou subordinación a outros modelos productivos maís aparentes, voluminosos e voluptuosos.

Noso concello ocupa o lugar 120 en PIB/Habitante: ou sexa na mitade de táboa por baixo de concellos tan reputados como Oroso, Lurenzá, Dozón ou A Veiga. Moi lonxe dunha reiterada visión do "Gran Marín-Porto de Interese Xeral do Estado" que contraponse ca de "esos pueblos rurales del interior de Lugo e Ourense".

É a capacidade xerar riqueza, no que estamos no 120º lugar, traducida a avances sociaís o que fai mellorar e medrar un concello: Ordes, Ames, Poio ... son contas dese rosario de proxectos rigurosos e visionarios de desenvolvemento, non necesariamente compartidos, acreditados xeradores de riqueza e futuro para as súas comunidades.

Os datos son teimudos: a pesca representa o 5,9 % da riqueza xerada, a industria un 12,8 %, a construcción un 4,1 % e o sector servizos un 66,4 % da mesma. ¿É Marín un pobo que vive do mar?. ¿Temos que seguir a manter un axioma que desvirtua o coñocemento e, consecuentemente, o diseño e creación dun Novo Marín?. Non minusvaloro a relevancia económica, social e mesmo cultural do mar, da pesca, pero son os datos os que nos din que -por boas ou malas- o presente e o futuro de Marín vira cara a outros mares, queramolo ou non. Iso din que se chama globalización.

Para os que botan contas -xa sei que habelos hailos- e notan a sisa dun 10,8 % desa riqueza estadística, decirlles que son esa cousa que o Sr. Montoro reparte entre todos nos coma Papa Nöel hispánico: os Impostos. ¿Compre seguir no universal discurso que a fortuna de Marín esta no mar?. Unha parte minguante dela sí, pero necesitamos ver para outros lados. Ter outras visións.

Compartir el artículo

stats