Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Carta a José Enrique Sotelo

Na edición do Faro de Vigo do pasado domingo 30 de outubro de 2016, na sección do Morrazo, aparecen recollidas as seguintes manifestacións públicas do Sr. D. José Enrique Sotelo cualificando ao Sr. D. Xosé Manuel Pazos Varela de "miserable por facerse vítima cunha desgraza dun familiar?".

O Sr. D. José Enrique Sotelo estase a referir á morte do meu pai polo que considérome con dereito de clarificarlle o seguinte:

-Efectivamente, meu pai foi ingresado de urxencia no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o luns, 24 de outubro, feito que puxen en coñecemento do meu home para, entre outras cousas, demandar a súa axuda.

-Efectivamente, meu pai faleceu ás poucas horas, recibindo toda a familia, como todo o mundo que pasa por estas circunstancias ben sabe, unha dolorosa sacudida emocional, familia da que forma parte o Sr. D. Xosé Manuel Pazos dende hai bastantes anos.

-Efectivamente, meu pai foi soterrado o mércores, 26 e toda a familia estivo alí presente para lle dar o último adeus.

Dado que todos nós coñecemos de sobra os sentimentos do Sr. D. Xosé Manuel Pazos Varela cara ao meu pai falecido, prégolle ao Sr. D. José Enrique Sotelo que, no futuro, se absteña de utilizar expresións que, no ámbito estritamente persoal, considero ofensivas e moi dolorosas e que nunca debeu empregar mesturando a vida familiar das persoas co ámbito propiamente político.

* Veciña de Cangas

Compartir el artículo

stats