Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Para Silleda, ás veces penso

Ás veces penso que a dor dos pobres é menor que a dor dos outros. Ás veces penso que a clase media fixo a vista gorda ante esta dor. Ás veces penso que somos uns auténticos sinvergoñas porque antes pedimos para nós o que hoxe lle negamos a outros. Ás veces penso que me gustaría ser unha area infinitamente pequena para non ter que ser unha pedra que se vai desfacendo... que se vai desfacendo. Ás veces penso que os políticos (todos) que estiveron ata agora no goberno deben dimitir se son congruentes co seu predicado. Ás veces penso que é polo ben da humanidade e que sen iso sería imposible a democracia.

Respetados cidadáns de Silleda, por qué é mellor morrer que estar calando ante a situación que está vivindo este país? Por qué é mellor ser "persoa decente" que estar calando ante a situación que vive este país? Por qué tardamos tanto en darnos conta de que unha parte moi grande do PSOE é fascista? Por qué é mellor vivir axeonllado que morrer de pé? Por qué a clase media non valora esto realmente? Non teño máis preguntas, teño fillos.

Benvidos, refuxiados.

*Veciño de Silleda

Compartir el artículo

stats