Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

De amores e paixóns

Os homes distinguímonos do resto dos habitantes do reino animal pola capacidade de pensar; o raciocinio que chaman os espertos, aínda que eu cada vez máis poño en cuestión tal afirmación, diante certos individuos, da nosa especie que "mamma mía", a súa diferenza máis apreciable co resto das bestas e a capacidade de camiñar a dúas pernas ou non sei si dicir; patas. No exercicio desta virtude amamos e no cumio deste sentimento; apaixonámonos.

Deste xeito cando alguén sinte unha paixón entregase en corpo e alma na procura deso quen nos motiva e conmove, mesmo algúns cruzan a vermella raia da razón, e caen sen remedio na desesperación polo fracaso ao non dar acougo o lume no que se chega consumir el e a súa paixón.

Mais hoxe non vou falarvos do amor físico entre dúas persoas, homes mulleres, mulleres, mulleres , ou coma sexa, que tanto ten. Imos falar doutro tipo de amor e apaixonamentos cada dia máis e máis difícil de atopar en nos mesmos e nos demais. A paixóns e entrega total os ideais e soños.

Chamamos idealista a quen a paixón polos seus ideais o arrastra e empurra a entregarse ata o final pola causa, aínda así, nada mais lonxe da realidade hoxe en día, que a ausencia deles.

Soan difícil, por no falar de imposibles, éche atopar un idealista, e menos aínda ideais que defender e arrogarse como nosos ata o punto de morrer por eles, tal e como pasou o longo dos séculos de historia que acumulan os libros cheos de po que xa ninguén consulta.

Dicíao James Joyce: Mellor pasar con audacia ao outro mundo no apoxeo dunha paixón, que murcharse consumido funestamente pola vida.

Moitos de nos somos incapaces de entusiasmarnos por algo, de mergullar no interior do noso corazón e lanzarnos sen prexuízos, nin limitacións a unha causa, máis ou menos altruísta e xenerosa sen esperar premio ou castigo, dende logo nada material, se escaso a plena satisfacción de sentirnos nos con nos mesmo, homes/mulleres plenos e útiles os demais, nunha sociedade libre, xusta e solidaria. Utopías si xa o sei, lembranzas e fantasías que tan so producen insatisfacción e desacougo.

Vivir a vida con sentido común, solidarios e namorados do que cremos e defendemos sen importarnos recibir nada a cambio, se escaso aprender e recrearnos na sabedoría desa mesma curiosidade vital que nos impele sen reparar no ben ou mal que poidamos sufrir, a actuar en pos e defensa dos nosos ideais, a curiosidade de saber, de aprender, a paixón por medrar coma homes é o que danos pulos e acerca a sabedoría; como recolle o aserto: tan so sei que non sei nada.

A paixón, o entusiasmo o traballo sen desmaio a ilusión e a confianza e fe nun mesmo e o que fai que os talentos que nos deron ao nacer, uns máis ca outros, se desenrolen en habilidades e estas coma pedras preciosas brilen para que todo o mundo poida recoñecer o que pretendemos expresar e transmitir.

Claro que tamén por outra banda non debemos esquecer que a desmedida paixón en algo ou alguén, pode conducinos ao desastre, ao fracaso inmenso e total e por ende o desencanto o aburrimento de vivir, e a exaltación da morte, neste mundo de Frautistas de Hamelin, no que estámonos acostumando a comprar fume de carozo e pensar que mercamos ouro, e non precisamente do dos mouros.

Compartir el artículo

stats