Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

As contas da festa

Pasado o día, pasou a romería. E agora toca a análise da festa. E tamén, sobretodo, facer as contas da romería. Parece ser que a todo o mundo lle foi moi ben na festa da democracia. Mais é a hora de analisar, casa por casa, cantas festeiras e festeiros tivo cada quén.

Hai unha casa, a da dereita, a do PP, representada polo patrucio Feijoo, onde os festexos foron moi sonados o domingo pola noite. Non é para menos. Nesa casa, á que os demais contrincantes querían gañar o liderado da parroquia, mantívose en datos similares ao acontecido en festexos anteriores. Mal que nos pese a algúns.

Se os representantes dalgunhas casas (PSOE e BNG) non fallaran na colleita, teríamos goberno alternativo na parroquia. Mesmo mantendo os seus datos do 2012. Pero non foi así. Baixaron. Unha mágoa!

Na casa socialista, queimóuselles o asado e as festeiras e festeiros tiveron que marchar sen xantar nin cea... o PSdG perdeu 40.000 votos e cinco deputados con respecto á anterior contenda autonómica. Pasando de ser segunda a terceira forza do Parlamento. Por mor desa desafección dos seus apoios, andan agora taciturnos e amolados, rifando e botandose culpas entre eles de quén debe pagar a romería.

Tampouco na casa BNG foi moi exitosa a festa, aínda que foguetes botaron abondo, supoño que para disimular a falta de colleita (soe pasar nas casas desta parroquia que sacan peito aínda non tendo motivo para iso). Perderon 25.000 votos e un deputado con respeito ao ano 2012. Aínda que as espectativas parecían ir a peor, non foi tanto como se intuía.

Pola contra, na casa da Marea tiveron boa colleita. En pouco tempo, dous meses, artellaron unha boa candidatura e, da nada, subiron a 271.000 votos e catorce diputados. Convertindo ao seu representante, o exmaxistrado Luís Villares, en líder da oposición no Parlamento de Galiza. Terá que agardar uns catro anos para presidir a parroquia. Preparación non lle falta ao maxistrado e, cun bo traballo de equipo, agardemos que o consiga.

Boa falta nos fai.

*Veciño de Agolada

Compartir el artículo

stats