Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tribuna libre

Un home comprometido coa súa terra

O autor lembra a un dos empresarios máis activos de Galicia no pasado século e que finou o pasado mes de agosto na súa Vilalonga natal - É un dos artífices do Banco Gallego xunto a Amancio Ortega

É imposible que haxa unha sóa persoa que me coñeza e á quen no lle teña falado ou non me teña escoitado falar nalgún intre da miña vida de Epifanio Campo, porque para min é o prototipo, a referencia a seguir de empresario galego comprometido coa nosa Terra e a nosa xente, tal e como deberían de ser a totalidade da clase empresarial galega: honestos con eles mesmos, coa súa Terra, e cos seus empregados.

Cando recibes unha chamada telefónica na que che anuncian o pasamento dunha persoa a que aprecias e admiras fondamente, e a que che unen uns fortes vencellos de amizade que se foron consolidando ao longo dos anos a través das situación vividas con ela, dignas de ser contadas, sobre todo pola grandeza humán de quen as fai realidade; non é doado asumir nun primeiro intre o que estás escoitando. A desagradable noticia que me transmiteu a primeira hora da mañanciña do 18 de agosto Carlos López de Cedeira, compañeiro meu no Banco Sabadell-Gallego e bo amigo da familia Campo, sentoume coma se me botaran unha xarra de auga xelada polo corpo, caeume a alma o chán. Facíaseme imposible o asumir que Epifanio tiña falecido, que nos tiña deixado. É certo que aqueles que estábamos perto del e dos seus máis achegados, a propia familia ou tamén os amigos máis íntimos e fieles que o teñen acompañado sempre ata o final da súa vida, amosandolle día a a día a súa amistade e cariño; estoume referindo a Camilo e Manolo Viñas ¡que grandes amigos, que grandes persoas¡, éramos coñecedores da batalla que viña librando coa enfermidade, pero ainda así confeso públicamente que endexamáis pasoume pola cabeza que puidera darse o resultado que ao final se dou; sempre pensei, ou quixen pensar, que Epifanio sería quen de sair gañador da enfermidade, pero por desgracia non foi así e Deus chamouno a súa beira.

Estou completamente convencido de que cando un amigo un familiar ou unha persoa á que coñecemos e tratamos, coa que temos compartido parte da nosa vida, nos deixa; unha parte de nós acompáñao nesa derradeira viaxe, do mesmo xeito que algo dela queda tamén para sempre con nós. Sen dúbida éste é o caso de Epifanio para conmigo e moitas persoas máis. Temos vivido xuntos situacións e feitos que a todos aqueles que non tiveron a sorte de coñecelo puderanlle resultar non doados de crer; porque en verdade son historias tan profundamente humáns e fermosas que puideran asemellarse a aquelas das novelas épicas de cabalería, nas que o suxeito principal éra o heroe que loitaba sempre en pro dos máis necesitados, defendéndoos e axudándoos diante das dificultades coas que se atopaban día a día no percorrer polos camiños da vida.

Considerome un afortunado por ter coñecido a persoas como Epifanio co que teño vivido moitas situación que ao longo do tempo me foron ensinando a gran persoa e empresario exemplar que ten sido na súa corta vida. Coñecín persoalmente a Epifanio alá polos anos 1990/1991, ainda que con anterioridade xa tiña escoitado falar dél e da grande laboura que estaba a facer en favor do deporte e a cultura na súa vila "da alma" Vilalonga; pero as nosas relacións intensifícaronse a partires do ano 1993, data na que o Banco 21 - entidade na que Epifanio participa como socio fundador xunto a outras persoas e/ou entidades como Amancio Ortega (Grupo Inditex), Grupo Cuquejo de Ourense, a familia Entrecanales ou Juan Manuel Urgoiti quen fora presidente de Ahorrobank, do Banco de Crédito Canario, director xeral do Banco Vizcaya e conselleiro delegado do BBV- merca o Banco Gallego. Comenza aquí unha relación profunda que dou pe a unha gran amizade. Pouco a pouco fun coñecendo todas e cada unha das empresas que conformaban e conformaron co paso dos anos un holding empresarial moi importante para Galicia, ao tempo que ía vivindo de perto o trato que mantiña cos seus empregados, amigos e coñecidos: Nueva Cerámica Campo, Puente Lendo, Epifanio Campo, Nueva Cerámica Campo, Refractarios Campo, Pretensados Campo, A Ostreira, Rodonita, Eólicas da Mariña, Eólicas do Morrazo, Eólica de Ourel, Siderúrxica Añón, Sogadisa, Inversiones Hosteleras de Galicia e Tojamar, son algunas das empresas afincadas en Galicia e participadas por Epifanio Campo a súa muller e os seus fillos. Nalgunha delas tiven moito que ver e fun testigo excepcional dende a súa creación.

Epifanio foi un empresario galego que apostou sempre pola posta en valor de Galicia. Á realidade remítome: prácticamente o cen por cen das súas empresas estan ubicadas en Galicia; ademáis tiña moi claro que para que unha empresa funcione correctamente e sexa rentable, é completamente necesario contar cos seus empleados facéndolles ver que son a peza clave esencial do engranaxe e que o resultado final depende en boa medida da súa implicación no día a día da empresa; pero para logralo sabía tamén que tiñan que sentirse queridos e valorados, e eso é o que sempre fixo Epifanio, escoitar e saber das necesidades, non só das persoas que formaban parte das súas plantillas, senón tamén das súas familias. Non só respetou e axudou a quén llo pedía senón tamén a aqueles quen non llo pedían pero que, por unha ou outra razón, sabía que estaban necesitados. Podería contar historias que lle porían a pel de galiña a calquera que as escoitase, e podería estar horas e horas falando da grandeza dun gran empresario e dun gran home, que ten loitado sempre dende, por e para Galicia e os galegos; valga de exemplo final o empeño e a dedicación que amosou para que puideramos contar en Galicia cunha entidade financiera propia.

De seguro que voltarei a escribir sobre a vida e obra de Epifanio Campo, pero para rematar este primeiro traballo quixera lembrar as verbas de monseñor Luis Quinteiro obispo da diócesis de Tui-Vigo ao respecto de Epifanio.., "Campo era un home entrañable ao que apreciaba moitísimo, un dos grandes empresarios desta Terra. Era unha persoa moi comprometida socialmente e deixa unha pegada profunda en toda a nosa historia recente" Así é benquerido obispo, fóisenos un gran empresario e mellor home, Galicia a súa familia e os seus amigos botarémolo moito de menos, pero quédanos o consuelo de que está a beira dos seus pais e familiares, moi especialmente do seu irmán Demetrio. Ata sempre benquerido e preciado amigo Epifanio, aqueles que coma min tivemos a inmensa sorte de terche coñecido terémoste sempre presente en nós!!

*Empregado do Banco Gallego e segredario do Partido Galeguista

Compartir el artículo

stats