Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Parece ser que Deus, que é grande, veu en axuda de Erdogan e lle proporcionou a ocasión de dar o golpe de man que o fará poderoso na Turquía próxima futura. Xa antes ocorrera algo parecido no Afghanistán. Este estado-rolla, situado entre a URSS e Pakistán, estaba ben controlado por unha monarquía absoluta mahometana e fiel a Occidente. Un golpe prosoviético, polo tanto alonxado de Deus, proclamou unha república de corte contemporáneo na cal as mulleres ministras daban exemplo público ao non levaren pano á cabeza.

A URSS apoiou o novo Afghanistán e os EE UU toparon nos laboratorios do departamento correspondente a fórmula para que Deus acudise na axuda deles. Puxéronse os EE UU ao que, en Kim da India, Kipling chamaba "o grande xogo" e sacaron os talibans á superficie. Estes talibáns, coma os almorábides saharianos do século XII eran varóns santos e estudosos dun Corán que entendían a medias porque en Afghanistán non se fala árabe nin lingua semítica ningunha. Tamén non no vello Sahara bérber. Para explicar os textos revelados por Deus a Mahoma aló os están os homes santos e os seus discípulos talibán. Estes foron triunfadores e devolveron as tribos que compoñen Afghanistán á miseria, así as tribos indoeuropeas como as turcómanas.

Visto o éxito, o Imperio solicitou a axuda do Deus de Mahoma para completar a ruína da URSS. Quedaban en pé, afundido o socialismo realmente existente, aqueles países de maioría mahometana social e árabe, que foron neutralistas e amigos da URSS. Eran as repúblicas laicas, nasseristas e dotadas de inmensas reservas de gas e de petróleo propiedade do pobo: Iraq, Libia, Siria. Aínda que Fukuyama lles dicía que a Historia chegara á súa fin (non á fin no sentido marxista), os amos do Imperio non fixeron caso e foron á guerra, que é a forma extrema de acción política no proceso da Historia.

Chamaron os EE UU a Deus en axuda e, co concurso saudí, reinventaron o movemento almorábide e fixeron do Islam a arma principal para acabar cos reximes árabes e progresistas e posuidores de riqueza innumerábel no subsolo. Aforcaron a Saddam e martirizaron até morrer a Gaddafi. Pero, ai, a barbarie, en forma de Estado Islámico, foi freada, coa axuda de Rusia (este relato comezaba coa URSS) en Siria. E sobreveu o caos planetario. E a Historia continúa en Niza.

Compartir el artículo

stats