Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

O 22 no Foxo

Ese domingo, que o será de boas compañías, concrétase no CEIP do Foxo coa xuntanza da comunidade educativa por mor dos corenta anos de existencia deste centro no rural do noso Concello.A cousa é para estarmos contentos. Celebrarase un pasado e un presente de boas harmonías, interxeracional, para un futuro de satisfacción onde se cumpran tantos desexos comasí tantas expectativas.Velaí recordos e experiencias. Momentos e tempos. Encontros e soños. Posibilidades e desexos.Todo un contexto do que disfrutar poñendo á vista todo o que se poida e todo o posible á fala.Unha xornada azucrada onde a palabra sexa o abrazo de nunca acabar e as cousas lindas do que foi? un eterno bico de melura. Haberá daquela tempos para o futuro.

Ese domingo de maio tamén no Foxo teremos momentos para recuperar. Da man da ANPA e do Claustro, co alumnado, poñerán o facer dos "Maios" en vital actividade, máis guapos que os de outrora, máis ao día, noviños e frescos como pans recén saídos do forno enorme dos afectos e das responsabilidades.Maios, cantigas, representacións. Un todo cheo de significado no proceso cualitativo dun educar participativo. Declaro unha enorme humildade polo orgullo de estar alí, no CEIP do Foxo, compartindo tanto e así camiñando no facer da vida, si, para que os pasos non se lamentasen e para que as palabras do idioma aflorecesen vivas, resoantes e ben cantadas, así coma neste domingo entre tantas emocións e recordos. Foi daquela un fermoso proxecto de construcción e é agora unha marabillosa realidade que compartirmos nas experiencias e nas propostas. Bicos de seguir e que non paren.

Non é nostalxia, pero dicir Foxo, o noso Colexio, é sentir unha cousiña moi importante. E notar tamén o acariño de como latexa o mundo.Canta alegría. Que máis se pode pedir se estamos feitos de tempos e de memoria? Bo domingo.

*Escritor

Compartir el artículo

stats