Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

con lupa

Aguanta, burro, aguanta

Rematou o 2015 e comezamos un 2016 no que durante o mes de xaneiro temos unha cita cos amigos de Facenda. Toca pechar o ano e botar contas, contas que nos tempos que estamos son boas de botar. A moitas empresas e autónomos seguen sen sairlle os números, pero é igual, aí está Facenda. Facenda é o gran ladrón colectivo, so que a inversa de Robin Hood, posto que lle rouba aos pobres para darllo aos ricos ou, se non, facer a vista gorda para con eles. Con todo que non pille a un pobre paisaniño que presenta un modelo fóra de prazo ou que non declara un paquete de chicles comprados nunha gasolinera, porque, de ser así, a multa pode ser peor que se atracara un banco. O de Facenda somos todos é un mito, calquera pode entender que, dentro das súas posibilidades, unha persoa teña que pagar un seguro de autónomos. Isto é unha garantía legal, a parte de ter dereito a unha serie de prestacións que, ainda que ridículas, algo fan, por non falar da asistencia médica e o dereito a unha xubilación ganada e xusta. Outra cousa é que a cuantía esixida sexa moita e que na maioría dos casos pode supoñer ata un 30% dos ingresos, cousa que debería estar parella a eles. Un tamén pode entender que che cobren un imposto de vehículos a tración, xa que circulas polas carreteras e é necesario conservalas, ainda que sexa cuns pegotes de chapapote. Temos tamén as taxas da basura que, ainda que mal reguladas, permiten recoller e reciclar a basura. Pero que pasa cos impostos sobre as propiedades? Por que teño que pagar por unha cousa que é miña? Para onde van eses cartos? Repercuten no estado de benestar? Para onde van as liquidacións do IVA? Traballas de sol a sol de xeito legal cobrando polo teu traballo e cando chega o final do trimestre, ala, a pagar. Pagas sen rechistar e en prazo, e se che toca a devolver vinte mil voltas que che fan dar e pagan cando eles queren. Un estado nunca pode esixir máis do que pode dar. Se teño un mes para pagar tamén eles me debería pagar en 30 días. Deste xeito non é de estrañar que cada un se arranxe como poida para escapar a estas inxusticias. Se pagas pero tes servizos e calidade de vida, pagas de bo gusto e mesmo presumes, isto fíxose co meu esforzo. Sínteste orgulloso dun bo hospital, dunha carretera nova, dunha escola. O problema vén cando pagas e tes ir por unha carretera chea de buracos, esperar tres meses por unha cita no hospital e que che digan que o teu rapaz non ten praza no comedor escolar por culpa dos recortes.

*Veciño de Rodeiro

Compartir el artículo

stats