Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Amar o odio

Alguén, hai tempo, creo que foi Pierre Choderlos no seu libro As amizades perigosas o que escribiu: "A vinganza é un plato que se serve frío". A vinganza é o desquite en contra de alguén en resposta a unha acción, xa saben toda acción implica unha reacción, como se dun xogo de química se tratase,que procura equilibrar a balanza da xustiza na que o concepto de vinganza se perde e esfuma.

A vinganza como sentimento xurdido do odio persegue máis a inxuria que a reparación moral e aplícase en facer padecer a quen resulta reo dela a mesma dor que ocasionou, para ter a seguridade da emenda e que esa persoa non volva a incorrer nos mesmos actos que ocasionaron o dano inicial, do que a reparación pretende. Para algúns vingarse é unha necesidade e carrexa un pracer, para outros non sería pracer propiamente dito, senón un resarcimento da vítima, no dano ocasionado ao agresor, no acto mesmo de vinganza.

Nas sociedades máis primitivas, o sistema disuasorio ante a posibilidade de malas accións, é a da toma de vinganza polos afectados, as coñecidas vendettas, son non mais que unha posesión ante unha acción de vinganza, por persoas, familias, ou grupos como practica ben usual nas etnias do mediterráneo, aínda que para nada é exclusivo noso, xa que na cultura Samurai en Xapón, tamén era practica usual o asasinato vingativo, mesmo de toda a familia do imputado.Pero tampouco imos esquecer que nas desenroladas sociedades occidentais, o sistema legal moderno establece como fin da aplicación da condena o pena, a reeducación, a inserción en definitiva do reo causante, pero non éche así, xa que no fondo o concepto de xustiza alberga o pago da débeda, o castigo en suma a vinganza para minguar o odio contra o culpable polo afectado.

Non é posible pois esquecer que na condición humana é cosustancial o desexo de vinganza, e que de non conseguir esta pseudo xustiza vinganza reparadora, a vítima pode mesmo enfermar de odio e rancor, como ben explica Erich Fromm no seu libro El corazón del hombre. Pero por outra banda non podemos dar de lado os conceptos expresados por Kant, que deixan claro que o valor moral dun acto resulta inútil cando se fai por medo a un castigo, ou para acadar un premio; as accións das persoas cando se realizan por propia conveniencia, poderán ser legais, mais nunca morais, polo que a felicidade e a tranquilidade do home se basea na harmonía entre a busca da felicidade e a moral, elo significaría o fin da necesidade da represión, o medo o odio e o castigo e dende logo do desexo de vinganza, xa que todos seriamos consecuentes e aceptariamos libremente os nosos actos.

Utopía ou fantasía dun mundo feliz estilo Huxley sen odios nin vinganzas, alá cada quen.

Compartir el artículo

stats